O presuposto da Secretaría General de Inmigración e Emigración ascende a 142 millóns de euros en 2013

As accións a favor das persoas inmigrantes reciben unha dotación de 62,41 millóns de euros.

Outros 76,70 millóns de euros destínanse a accións a favor das e dos emigrantes.

Listen to this page using ReadSpeaker

Secretaría General de Inmigración y Emigración - Ministerio de Empleo y Seguridad SocialA Secretaria General de Inmigración e Emigración do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, Marina del Corral, presentou o pasado xoves na Comisión de Empleo y Seguridad Social do Congreso de los Diputados o presuposto de Presupostos para 2013 na área de Inmigración e Emigración, que ascende para 2013 a 142 millóns de euros.

Marina del Corral explicou que este presuposto garante a política migratoria do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, sostida en tres piares fundamentais: a atención humanitaria ás persoas inmigrantes; a acción social en materia de integración a inmigrantes, refuxiados e refuxiadas e solicitantes de asilo, así como a protección das e dos emigrantes españois e cidadanía retornada.

Accións a favor das persoas inmigrantes
As accións a favor das e dos inmigrantes, contarán en 2013 cunha dotación de 62,41 millóns de euros. Esta contía inclúe como partidas de maior relevancia as seguintes:

  • A atención a menores estranxeiras e estranxeiros non acompañados, cunha partida de 3,57 millóns de euros.
  • As subvencións a entidades locais para o desenvolvemento de programas innovadores que promovan a integración das e dos inmigrantes (2,5 millóns de euros).
  • A atención humanitaria a inmigrantes (6,15 millóns de euros).
  • A subvención a Cruz Vermella Española para a atención humanitaria urxente a pé de praia a estranxeiros e estranxeiras chegadas ás costas españolas (2 millóns de euros).
  • A subvención a ACNUR (Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados) para programas especiais de inmigrantes e persoas refuxiadas (0,1 millóns de euros).
  • O mantemento do sistemas de protección para solicitantes de asilo e persoas refuxiadas (9 millóns de euros).
  • O mantemento dos recursos para o funcionamento dos dous Centros de Estanza Temporal de Inmigrantes (CETI) e os catro Centros de Acollida a Refuxiados (CAR), cunha dotación de 12 millóns de euros.
  • As axudas para facilitar o retorno voluntario das e dos inmigrantes aos seus países de orixe (2,4 millóns de euros);
  • As partidas para axudas de carácter social a entidades e ONG'S en réxime de concorrencia competitiva, na área de integración das e dos inmigrantes, solicitantes de asilo e outras prestacións con protección internacional dotadas cun crédito de 9,15 millóns de euros, e
  • A ordenación dos fluxos migratorios que conta cunha dotación de 950.000 mil euros.

Este programa contará, ademais coas provisións, cifradas en torno a 32 millóns de euros, dos Fondos Europeos para as actuacións de carácter cofinanciado, que no seu caso elevarían a contía total para 2013 na área de inmigración a 94,41 millóns de euros.

Accións a favor das persoas emigrantes
As accións a favor das e dos emigrantes contan cunha dotación de 76,70 millóns de euros para 2013. Esta contía inclúe como partidas de maior relevancia as seguintes:

  • A destinada ao mantemento das prestacións por razón de necesidade para os españois e as españolas residentes no exterior que teñan máis de 65 anos de idade ou estean incapacitados para o traballo e encóntrense nunha situación de necesidade por carecer de rendas ou ingresos abondo para cumprir as súas necesidades básicas. Este concepto recibe unha dotación de 60,75 millóns de euros.
  • A destinada ao pagamento de pensións de ancianidade para as e os españois que retornen a España de calquera país onde estea implantada esta prestación e acrediten insuficiencia de recursos, ata que teñan dereito a unha pensión non contributiva do sistema español de Seguridade Social. A dotación para estas axudas é de 2,3 millóns de euros.

A Secretaria General de Inmigracion e Emigración, Marina del Corral, afirmou que ambas as dúas medidas reflicten a "especial protección de que son obxecto nosos maiores".

O programa de accións a favor das e dos emigrantes comprende tamén as prestacións económicas que se conceden ás e aos cidadáns españois desprazados ao estranxeiros cando eran nenos a consecuencia da Guerra Civil, cun crédito de 9,35 millóns de euros, que engloba tanto ás e aos que permanecen no exterior coma os que regresaron a España. Para 2013, o presuposto considera unha suba da contía destas prestacións do 1%, quedando fixada nun máximo de 7.129,69 euros por ano.

Por último, mantéñense as axudas para proxectos e iniciativas dirixidos á cidadanía española no exterior e retornados e retornadas, así como as axudas para centros e institucións sen ánimo de lucro que desenvolven un labor sociocultural, sanitario ou asistencial a favor dos españois do exterior.

En conclusión, a Secretaria General de Inmigración e Emigración, Marina del Corral, asegurou que a dotación para 2013 garantirá as prestacións a emigrantes e persoas retornadas, a actuación humanitaria a favor de inmigrantes e  persoas refuxiadas, e continuar desenvolvendo axeitadamente as actuacións cofinanciadas por fondos europeos.

 

Fonte e foto: Ministerio de Empleo y Seguridad Social

792 lecturas