A Festa da hispanidade 2012 na Arxentina pecharase no Centro Galicia de Bos Aires

O domingo 14 haberá unha gran romaxe no Campo Galicia da entidade.

Listen to this page using ReadSpeaker

Centro Galicia de Buenos Aires.A Festa da Hispanidade, promovida pola Embaixada de España e organizada pola Federación de Sociedades Españolas de Arxentina e a Asociación Patriótica e Cultural Española, iniciouse o pasado sábado 6 de outubro na Cidade de Bos Aires.

As actividades comezaron no Teatro Avenida, onde se levou a cabo a Elección da Raíña da Colectividade, e continuarán hoxe venres 12 ás 19,30 h. no Club Español, onde actuará a Orquestra de Tango de Bos Aires.

Esta edición da Festa da Hispanidade terá como peche de actividades unha gran romaxe con comidas e bailes típicos, o domingo 14, a partir das 11,00 h., no Campo Galicia do Centro Galicia de Bos Aires (Avda. del Libertador 2925, Olivos).

 

 

 

Fonte: Centro Galicia de Bos Aires

1007 lecturas