A sociedade galega de Puentes de García Rodríguez na Habana celebra o seu centenario

Ao acto celebrado na capital insular acudiron máis de 200 persoas entre as asociadas e invitadas.

Listen to this page using ReadSpeaker
11 de outubro de 2012.

As Pontes de García Rodríguez.A comunidade galega en Cuba celebrou o pasado 30 de setembro na capital insular o centenario da sociedade Puentes de García Rodríguez á que asistiron máis de duascentas persoas entre asociadas e invitadas.

O presidente da entidade, José García, tivo unha palabras no acto para recordar os momentos vividos dende a súa fundación e a súa traxectoria. A sociedade creouse na Habana o 28 de xaneiro de 1912 e o seu primeiro presidente foi o galego Jesús María Bouza Bello.

Durante o acto aproveitouse para render tributo a través dun «Diploma de constancia» a aqueles asociados e asociadas que cumpriron 40, 50 ou 60 anos de permanencia na entidade. Ao acto acudiron o presidente da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, Sergio Toledo Bueno, e varias e varios presidentes de sociedades galegas.

1184 lecturas