O Centro Gallego de Mar del Plata acolleu un curso de gastronomía galega
O seminario estivo organizado pola Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.
O curso contou cunha parte teórica e outra práctica. Foto: Galicia Digital.
O curso contou cunha parte teórica e outra práctica. Foto: Galicia Digital.
Chulas de bacallau, cocido, empanada ou torta de Santiago foron algúns dos pratos preparados. Foto: Galicia Digital.
Ao remate do curso, as e os participantes recibiron un diploma acreditativo. Foto: Galicia Digital.

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta organizou no Centro Gallego de Mar del Plata uns cursos sobre gastronomía impartidos polo profesor Francisco Romero Díaz, natural de Fene.
Os socios e socias da entidade asistiron e gozaron durante 10 días das clases teóricas e prácticas desenvolvidas con todos os elementos e materias primas necesarias.
O mestre do curso recibiu a súa formación gstronómica na escola Fraga do Eume, en Pontedeume, e na actualidade forma parte dun centro de formación profesional en Ferrol.
Os pratos preparados levaban como ingredientes principais produtos típicos galegos como mexillóns encapotados, caldo, cocido, vieiras con xamón ou polbo á feira.
Ao final de cada xornada degustábanse os produtos típicos e o profesor do curso aproveitaba para contestar ás preguntas e dúbidas que xurdían entre o alumnado.
Fotos: Galicia Digital
Novas relacionadas