"La inmigración gallega en la Argentina", especial do último número da prestixiosa revista Todo es Historia

A publicación, de carácter mensual, conta xa con 45 anos de presenza nos kioskos e librarías do país austral.

Todo es Historia. Nº 543 - outubro 2012. Foto: Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina.
Todo es Historia. Nº 543 - outubro 2012. Foto: Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina.
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 26 de outubro de 2012.

O último número da prestixiosa publicación Todo es Historia, que celebra na actualidade os seus primeiros 45 anos de vida, está dedicado especialmente a La inmigración gallega en la Argentina.

A revista, de carácter mensual, na súa edición n.º 543 pertencente ao mes de outubro de 2012, publica ao longo de 23 páxinas, unha serie de textos alusivos ao papel que cumpriron as e os inmigrantes galegas e galegos chegados entre o período colonial e 1960, facendo fincapé nas causas polas que se produciu ese fenómeno migratorio cara á Arxentina, o número de persoas implicadas, a periodicidade da súa chegada, o seu patrón de asentamento, a inserción socio-profesional, as súas pautas matrimoniais, a súa vida asociativa e cultural.

Tamén se da conta do intenso labor cultural que desenvolven institucións como a como a Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina, que a partir da creación do Museo d e la Emigración Gallega (MEGA) en decembro de 2005, converteuse en fiel custodio do enorme acervo cultural da colectividade.

Este exemplar pode conseguirse nos principais quioscos de diarios e librarías especializadas ou ben mediante subscrición, que pode lograrse a través da páxina web da publicación: www.todoeshistoria.com.ar

Fundada polo recordado historiador Félix Luna, Todo es Historia, rexistra a memoria nacional a partir da publicación de investigacións e artigos elaborados por especialistas nos diferentes temas que aborda con cada edición. Na actualidade, a editora responsable é Felicitas Luna, e a dirección está a cargo de María Sáenz Quesada.

 

Fonte e foto: Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina

1237 lecturas