Novas
Buscador
- Coa nova viaxe a Venezuela e a sinatura de diversos convenios, Miranda ratifica o compromiso do goberno galego coa diáspora nese país 20.05.2015 audio A nova viaxe do secretario xeral responde á intención do Goberno galego de realizar un seguimento regular da situación no país, e nomeadamente da colectividade galega. O máximo responsable autonómico en materia de Emigración asiste ademais á toma de posesión da nova directiva da Hermandad Gallega en Caracas. O secretario xeral da Emigración,... Máis información
- O Lar Gallego de Chile entregou os premios do IV Concurso de relato breve 'Rosalía de Castro' durante a celebración do gran día da cultura galega 20.05.2015 audio Un chileno, un ferrolano e unha galega de Santa Fe leváronse os premios deste ano. Homenaxeouse a figura de Xosé F. Filgueira Valverde, o designado pola Real Academia Galega para dedicarlle a edición de 2015 do Día das Letras Galegas. O pasado sábado, 16 de maio, o Lar Gallego de Chile celebrou o Día das Letras Galegas 2015, cuxo homenaxeado... Máis información
- O Lar Gallego de Sevilla celebrou o Día das Letras Galegas e fallou o VII certame de relatos curtos "María Teresa Rodríguez" 19.05.2015 audio Ao certame, dotado con 1.000 €, concorreron máis dun milleiro de participantes de todo o mundo. Ao igual que na pasada edición, o premio vaise para a provincia da Coruña ao recaer en David Hidalgo Ariza polo seu relato 'El Naufragio de Adelaida'. Co gallo do Día das Letras Galegas, que celebra cada ano o Lar Gallego de Sevilla, resolveuse o fallo... Máis información
- O Centro Galego de Móstoles amosoulles Galicia e a nosa cultura ao alumnado do C.E.I.P. Andrés Torrejón 18.05.2015 audio Trátase dunha iniciativa que vén desenvolvendo nos últimos tres anos a entidade galega do sur de Madrid. Neste 'Día de Galicia en Móstoles' tamén se expuxeron carteis e folletos informativos sobre a nosa terra. Por terceiro ano consecutivo, o pasado 12 de maio o Centro Galego de Móstoles levou a cabo a Xornada sobre Galicia para cumprir co... Máis información
- Emigración apoia a activa participación da galeguidade na gran celebración das Federacións Autonómicas do País Vasco 16.05.2015 audio Canda a Xunta de Galicia, outros tres gobernos colaboran, e o vasco patrocina, o III Intercambio Cultural entre as organizacións que representan á diáspora en Euskadi. O subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas, Ramón Brigos, representa este sábado á Xunta de Galicia no III Intercambio Cultural de Federacións Autonómicas que,... Máis información
- 'A Esmorga' proxéctase fóra de Galicia, e en galego, na semana das Letras Galegas 15.05.2015 audio O filme dirixido por Ignacio Vilar está xa nas carteleiras de Madrid, Barcelona e Palma de Mallorca e proximamente chegará a máis salas do resto de España. A Esmorga, longametraxe dirixida por Ignacio Vilar baseada na obra homónima de Eduardo Blanco Amor, cumpre a súa primeira semana de proxección nas salas de cine de Madrid (Cines Renoir-... Máis información
- Os dous novos convenios de colaboración asinados por Miranda en Uruguai “plasman que tamén na Galicia exterior a prioridade da Xunta é o investimento social” 12.05.2015 audio O secretario xeral da Emigración, que acompañou á presidenta do Parlamento autonómico na súa visita a esta república sudamericana, participou na inauguración da mostra ’53 páxinas das nosas letras’ en Montevideo. Rodríguez Miranda remata a súa viaxe por Arxentina, Brasil e Uruguai, no que coñeceu a actualidade da diáspora nos tres países, e... Máis información
- Miranda lembra en Sâo Paulo a aposta social dos orzamentos da Xunta para paliar as situacións de maior vulnerabilidade, tamén na Galicia exterior 11.05.2015 audio O secretario xeral visitou na metrópole a Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçâo. “Agora que o peor da crise parece ter pasado, convén salientar o esforzo que tódalas galegas e tódolos galegos temos realizado en favor dos que menos tiñan”, esforzo que a Xunta manterá no futuro, tamén para as persoas residentes no Exterior. O... Máis información
- A Xunta traslada o agradecemento da Galicia territorial á diáspora na localidade brasileira de Santos, que conta cunha especial presenza da colectividade galega 10.05.2015 audio O secretario xeral da Emigración plasma ese recoñecemento na visita á Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro, que traballa no campo da atención social a galegos e galegas de avanzada idade en situación de precariedade. Rodríguez Miranda lembra que se trata dun esforzo orzamentario “que devolve unha parte ínfima do que as e os... Máis información
- Santiago de Compostela será a cidade protagonista da Feira Internacional do Libro de Bos Aires no ano 2016 10.05.2015 audio A capital galega acaba de ser nomeada ‘Cidade Convidada’ na próxima edición deste encontro. O conselleiro de Cultura e Educación agradeceu hoxe en Arxentina este recoñecemento, que é boa proba da relevancia, talento e profesionalidade do sector galego editorial e do libro. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román... Máis información
Páxinas |









