Cen anos facendo galeguidade

O xermolo do actual Lar Gallego de Chile viu a luz un 17 de outubro de 1915.

Foto: Lar Gallego de Chile
Foto: Lar Gallego de Chile
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Chile, 17 de outubro de 2015.

Un grupo de galegos moi entusiastas fundou en Santiago de Chile, nos salóns do Diario El Mercurio o Centro Gallego de Santiago, un 17 de outubro de 1915, con 192 socios e o seu primeiro directorio foi presidido por Enrique Martínez; como presidente, Enrique Valino, como vicepresidente; Casimiro Costoya, tesoureiro; Luis Forns, secretario; José Mazaeda, pro-secretario e os seguintes directores: José M. Couso, Francisco Ledo, Epifanio González, José Pernas, Baltasar Cordal, Francisco Barros e Francisco Cameselle, como bibliotecario.

Logo, dende 1930 a 1967, chamouse Colectividad Gallega de Chile e neste importante período foi dirixida por un gran galeguista: Antonio Pérez González (Q.E.P.D), acompañado por amigos incondicionais que traballaron por manter as súas raíces e nunca deixaron de celebrar as festividades e tradicións. Cada ano o Apóstolo Santiago tiña a súa festa.

Polo ano 1964, don Antonio Pérez González manifestou a necesidade de ir preparando un novo grupo de directivos. Foi así, como en xullo de 1967, no Círculo Español para a celebración do Día do Apóstolo Santiago, nomeouse unha comisión para formar un directorio que continuase rexendo os destinos da Colectividad. Despois de varias reunións fundouse e constituíu o actual Lar Gallego, o 10 de novembro de 1967 e dende esa data fóronse formando os grupos de Bailes e Gaitas, con persoas adultas, mocidade e infantís.

A organización como Lar Gallego estivo dirixida por: José Domínguez Diéguez, Manuel González Fernández, Severo Marino Gil, Cesar Cifuentes Sánchez e María Myriam López Marín (estes dous últimos presidiron durante máis dun período).

O Lar Gallego percorreu o país de norte a sur e participou en diferentes encontros, actividades e eventos. Tamén tivo a oportunidade de viaxar ao estranxeiro, especialmente a Galicia, España. Do mesmo xeito, as e os seus directivos puideron estar presentes nos Consellos de Comunidades Galegas, en Galicia e outras cidades do mundo. Esta xestión mantivo unha interacción permanente cos distintos centros galegos e sempre buscou manterse actualizado respecto ás políticas da galeguidade.

Igualmente, cóntase con programas, seminarios e cursos; onde artistas, mozas e mozos e persoas adultas poden postular para participar neles. Situación que se agradece á Xunta de Galicia e ás súas autoridades por ter estas instancias participativas, que sen dúbida, é un beneficio para todos os galegos e galegas do mundo.

A día de hoxe data cóntase con grupos de gaitas, bailes e canto tradicional, que permanentemente participan en actividades e presentacións por distintos lugares de Chile. Desta forma, o colectivo fomenta e desenvolve a galleguidad e a hispanidade.

Cúmprense 100 anos facendo galeguidade en Chile e mantendo tradicións e costumes. Esta tarefa que non foi doada, pero... que é doado na vida, se non hai esforzo?

 

Fonte e foto: Lar Gallego de Chile

734 lecturas