Os Orzamentos da Xunta de Galicia para 2016 contemplan 2,2M€ para a mobilidade transnacional da mocidade galega

José Manuel Rey Varela acompañou os case 100 mozos e mozas de toda España que participaron no Evento Anual de Servizo Voluntariado Europeo celebrado en Melide.

O conselleiro de Política Social celebra a posición de liderado que ten Galicia “nas clasificacións nacionais de participación en temas de mobilidade e na aprendizaxe a través da educación non formal”.

Subliña estes dous ámbitos -a mobilidade e a educación non formal- como “dous piares básicos da Consellería de Política Social en materia de Xuventude”.

Compromete “todo o noso traballo diario para facer de Galicia un lugar mellor para todos e como non, para os mozos”.

En 2014 foron aprobados na Comunidade Autónoma galega 43 proxectos do programa Erasmus+ cun orzamento total de 920.781 euros e coa participación de 1.506 mozos e mozas.

Galicia xestiona o 9,24% do orzamento do Erasmus+ a nivel nacional.

  • O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou no día de hoxe nun encontro con 100 mozos e mozas de toda España participantes no Evento Anual de Servizo Voluntariado Europeo (SVE)
    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou no día de hoxe nun encontro con 100 mozos e mozas de toda España participantes no Evento Anual de Servizo Voluntariado Europeo (SVE)
  • O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou no día de hoxe nun encontro con 100 mozos e mozas de toda España participantes no Evento Anual de Servizo Voluntariado Europeo (SVE)
    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou no día de hoxe nun encontro con 100 mozos e mozas de toda España participantes no Evento Anual de Servizo Voluntariado Europeo (SVE)
  • O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou no día de hoxe nun encontro con 100 mozos e mozas de toda España participantes no Evento Anual de Servizo Voluntariado Europeo (SVE)
    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou no día de hoxe nun encontro con 100 mozos e mozas de toda España participantes no Evento Anual de Servizo Voluntariado Europeo (SVE)
Listen to this page using ReadSpeaker
Melide (A Coruña), 24 de outubro de 2015.

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou no día de hoxe nun encontro con 100 mozos e mozas de toda España participantes no Evento Anual de Servizo Voluntariado Europeo (SVE). O titular da carteira social, que cualificou o encontro como unha “magnífica oportunidade”, destacou tamén a aposta da Xunta de Galicia por programas de mobilidade que vén referendada nos Orzamentos para 2016 “cun aumento de preto do 2.100% desde 2009 nas axudas a este eido” e que supón un presuposto total para o ano que vén duns 2.2 millóns de euros. Nesta partida inclúese o programa Galeuropa e outras axudas para o fomento da mobilidade transnacional das mozas e mozos galegos.

O encontro celebrado en Melide e que tamén contou coa asistencia da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, está organizado polo Instituto de la Juventud (INJUVE) do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad xunto aos organismos de Xuventude das Comunidades Autónomas españolas a través da Axencia Nacional Española do programa Erasmus+. O conselleiro valorou a importancia deste programa porque ademais de ofrecer aos rapaces e rapazas un espazo de encontro onde intercambiar experiencias e propoñer áreas de mellora, “fomenta a mobilidade dentro e fóra da Unión, a aprendizaxe non formal, a empregabilidade e a inclusión de todos os mozos independentemente do seu contexto social, educativo ou cultural”.

Nesta liña, Rey Varela apuntou cara a mobilidade e a educación non formal como “dous piares básicos da Consellería de Política Social en materia de Xuventude”. De feito, a directora xeral de Xuventude está a manter varios Encontros territoriais de información xuvenil nas principais vilas galegas cos e coas profesionais da Rede Galega de información xuvenil e con outras e outros responsables locais nos que a educación non formal é a principal área temática tratada nas xuntanzas.

Deste xeito e grazas ao apoio da Xunta á mobilidade e á educación non formal, o responsable de Política Social celebrou a posición de liderado que ten Galicia “nas clasificacións nacionais de participación en temas de mobilidade e na aprendizaxe a través da educación non formal”. Así fixo fincapé en que en 2014 foron aprobados na Comunidade Autónoma galega 43 proxectos do programa Erasmus+ cun orzamento total de 920.781 euros e coa participación de 1.506 mozos, e sinalou que Galicia xestiona o 9,24% do orzamento do Erasmus+.

Ademais, no marco do programa Erasmus+: Xuventude en Acción, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado está a executar o proxecto Digal, co obxectivo de apoiar a formación da mocidade galega mediante a realización de prácticas laborais non retribuídas durante 60 días en cinco países europeos. O seu orzamento é de 277.135 € e 56 mozos e mozas realizan as súas prácticas en empresas de 5 países: Italia, Portugal, Irlanda, Francia e República Checa.

Perante estes datos, Rey Varela afirmou que “Galicia é referente en materia de Xuventude e vaino seguir sendo” ao tempo que comprometeu “todo o noso traballo diario para facer de Galicia un lugar mellor para todos e como non, para os mozos”. “Unha Galicia máis nova”, concluíu.

Evento Anual de Servizo Voluntariado Europeo
As e os arredor de 100 participantes no Evento Anual de Servizo Voluntario Europeo percorreron un treito de 2 quilómetros do Camiño de Santiago desde o campamento xuvenil de Furelos ata a vila de Melide. Unha vez alí os rapaces e rapazas realizaron una actividade de rúa para dar a coñecer o programa Erasmus+.

O Evento celebrado en Melide está coordinado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o INJUVE e conta coa colaboración da Rede española de ex voluntarios europeos (REVE) e a Escola de Tempo Libre Don Bosco.

Durante os tres días nos que terá lugar o Evento -do 23 ao 25 de outubro- realizaranse dous tipos de sesións. Por unha banda, estarán centradas en dinámicas de avaliación baseadas na educación non formal, e por outra, ocuparanse das actividades de dinamización e visibilidade do programa Erasmus+, en especial do Servizo Voluntario Europeo.

635 lecturas