Novas
Buscador
- Miranda comparte unha das celebracións importantes das e dos galegos de Xenebra e visita á colectividade en Lausanne 05.12.2015 audio O secretario xeral da Emigración entrevístase asemade co embaixador español na Confederación Helvética, Bernardo de Sicart, para interesarse pola actualidade da colectividade galega. O alto cargo da Xunta insta aos galegos e as galegas de segunda xeración residentes en Suíza a “imitar o exemplo dos vosos pais e fortalecer este país sen deixar de... Máis información
- A Fundación Carolina ofrece 607 bolsas na súa convocatoria 2016-2017 03.12.2015 audio A convocatoria cobre a totalidade das áreas do coñecemento e está dirixida en exclusiva ás e aos estudantes de Iberoamérica para que completen a súa formación en España. A Fundación Carolina abriu unha nova edición da súa convocatoria de bolsas, correspondente ao curso académico 2016-2017. Nesta 16ª edición ofértanse 607 bolsas distribuídas en... Máis información
- O Lar Gallego de Sevilla distingue a Antonio Rodríguez Miranda e a Antonio Patiño coa ‘Anduriña de Ouro’, máximo recoñecemento da comunidade galega na capital andaluza 28.11.2015 audio O secretario xeral da Emigración definiu na súa alocución o Lar como unha entidade “viva, forte, e con ambición de futuro”. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e mailo presidente da Federación de Centros Galegos de Andalucía, Antonio Patiño, recibiron hoxe en Sevilla cadansúa ‘Anduriña de Ouro’, no decurso dos actos... Máis información
- Emigración adianta a convocatoria de 2016 para Axudas individuais, das que se benefician oito mil familias galegas residentes no exterior en situación precariedade, que neste ano chega a 2,1 millóns de euros 28.11.2015 audio Aumenta o orzamento para esta acción social, ata a devandita cifra, o que supón en torno á terceira parte do orzamento efectivo de Emigración de 2016. Coa publicación da convocatoria, prevista a mediados deste vindeiro mes de decembro, das axudas económicas individuais para persoas galegas no estranxeiro, esta Secretaría Xeral cumpre co seu... Máis información
- Emigración traslada o seu pesar polo pasamento de Xosé Neira Vilas, un dos seus autores máis destacados e membro egrexio da diáspora galega 27.11.2015 audio Co pasamento esta mañá de Xosé Neira Vilas na súa localidade natal de Gres (Vila de Cruces – Pontevedra, 1928-2015) Galicia perde a un dos Bos e Xenerosos, e a nosa diáspora a un dos seus máximos representantes e valedores. O autor de Memorias dun neno labrego -o libro máis lido da historia da literatura galega- tivo unha vida estreitamente... Máis información
- Rodríguez Miranda diserta en Lleida sobre a actualidade e perspectivas de futuro de Galicia como terra de oportunidades 21.11.2015 audio O Centro Galego da localidade catalá nomea Presidente de Honra ao responsable da Secretaría Xeral da Emigración. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, pronunciou no Centro Galego de Lleida unha conferencia sobre Galicia, chea de atractivos: unha comunidade con moito que ver e ofrecer, na que o alto cargo da Xunta repasou... Máis información
- A Xunta expresa a súa máis firme condena aos atentados de París e transmite a solidariedade do pobo galego ás vítimas e ás súas familias 14.11.2015 audio O Executivo galego considera que este acto de terrorismo é froito da senrazón e da barbarie máis cruel que pode atentar contra os principios democráticos dunha nación emblema de convivencia e da defensa dos dereitos e liberdades das persoas. A Xunta de Galicia, a través do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, quere expresar a súa máis firme... Máis información
- O Comité de Damas da Hermandad Gallega de Venezuela recadou máis de 4 millóns de Bs. para a Asociación Venezolana de Pais de Nenos con Cancro 13.11.2015 audio O 13 de novembro o Comité de Damas da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas fixo entrega dun donativo por valor de 4.172.880,00 Bs. á Asociación Venezolana de Pais de Nenos con Cancro. A entidade galega na capital venezolana recadou esta cantidade a través de diversos actos organizados ao longo do mes de outubro -que tiveron un evento... Máis información
- Miranda visita a comunidade galega de Santiago de Cuba no quinto centenario da fundación da cidade, no que participa activamente Galicia 13.11.2015 audio O secretario xeral da Emigración afirmou estar seguro de que as e os galegos residentes no sur de Cuba fortalecerán o seu compromiso coa Galeguidade e co futuro do país “co esforzo necesario, con maior forza aínda que nos últimos anos”. Galicia achega dúas exposicións aos actos conmemorativos dos 500 anos da segunda cidade cidade cubana, unha... Máis información
- López-Chaves espera que a exposición ´Galicia imaxinada nas revistas da emigración´ axude a aprender a historia da diáspora 11.11.2015 audio O delegado territorial da Xunta en Vigo participou esta mañá no acto de inauguración desta mostra na que colabora a Secretaría Xeral da Emigración. Pode visitarse na Casa Galega da Cultura dende hoxe e ata o 6 de decembro. O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou esta mañá no acto de inauguración da exposición ´... Máis información
Páxinas |







