Novas
Buscador
- Román Rodríguez acompaña a Xosé Neira Vilas na presentación do seu novo libro 'Semente galega en América' 09.07.2015 audio O crucense máis universal ofrece nesta obra un catálogo de galegos e galegas que deixaron a súa semente creadora e innovadora nas terras de alén do Atlántico. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, quixo acompañar hoxe ao escritor e académico da lingua galega Xosé Neira Vilas na presentación do seu novo... Máis información
- Beatriz Mato saudou ás e aos 60 descendentes de emigrantes do programa 'Conecta con Galicia' 08.07.2015 audio A conselleira realizou unha visita ao Complexo Xuvenil As Mariñas. Un total de 1.330 mozas e mozos participarán este ano nas actividades programadas na Campaña de Verán no Complexo Xuvenil As Mariñas, que engloba os albergues de Gandarío e o da Mariña Española. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou este luns ás e aos 200... Máis información
- Arranca o plan de migración dos portais da Xunta ao “.gal” coa incorporación da web de Amtega ao dominio galego 07.07.2015 audio Está previsto que, ao remate deste ano, empreguen o '.gal' o 30% dos 208 portais que integran o catálogo da Xunta. O proceso completarase de xeito progresivo ao longo de 2016, ano no que tamén se migrarán as contas de correo electrónico. O Goberno galego aprobou o pasado mes de maio o Decreto que regula a presenza da Administración xeral e do... Máis información
- Miranda acode no Centro Galego das Artes da Imaxe á reedición dunha foto histórica 06.07.2015 audio Recollemos aquí a noticia publicada no xornal La Voz de Galicia o domingo 5 de xullo baixo o título 'Dous cativos, un baúl e un barco a Venezuela'. La Voz reúne ao fotógrafo Alberto Martí cos protagonistas da icónica foto da emigración, 55 anos despois. «Era máis alto que agora». É a primeira impresión de Jesús Mallón Otero ao reencontrarse con... Máis información
- Miranda comparte coa diáspora o ‘Día de Galicia en Euskadi’ e alaba os trinta anos de traballo da Irmandade de Centros 03.07.2015 audio O secretario achegouse de novo este ano ata a gran celebración galega no País Vasco, que ten lugar de maneira rotatoria nas localidades nas que se asentan os centros integrados na entidade que dirixe Pilar Rodríguez. O senador Iñaki Anasagasti e Manuel Bautis, galego asentado en Ermua, foron os homenaxeados nesta trixésima edición. O secretario... Máis información
- 'El vidrio roto' recolle os 46 contos de Pardo Bazán escritos na Arxentina 02.07.2015 audio O libro editado por Mar Maior-Galaxia, en cuxa temática tamén se trata o tema da emigración, foi presentado en Santiago de Compostela. A este primeiro volume de corenta e seis contos seguiralle un segundo exemplar conformado por máis de cincuenta relatos publicados por Emilia Pardo Bazán na prensa cubana, mexicana e estadounidense. O estudioso... Máis información
- Chegan as e os primeiros participantes do programa ‘Conecta con Galicia’, que este ano fai posible que 174 descendentes de cidadás e cidadáns galegos convivan con mozas e mozos residentes na Comunidade 01.07.2015 audio A iniciativa desenvólvese en dúas modalidades, unha de actividades ao aire libre e outra en campos de traballo. As e os primeiros participantes da edición deste ano do programa da Campaña de Verán ‘Conecta con Galicia’, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas galegas e que residan no Exterior, aterraron esta mañá nos... Máis información
- Atender as necesidades asistenciais das e dos maiores galegos residentes no Uruguai, obxectivo do novo convenio asinado entre a Xunta e o ‘Fogar Español’ de Montevideo 27.06.2015 audio O secretario xeral da Emigración asiste ademais na capital charrúa a cadansúa xuntanza do dominio ‘.gal’ e da mocidade participante no ‘Conecta con Galicia’. Remata a súa nova viaxe compartindo a celebración do San Xoán coa diáspora galega no Uruguai. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, rematou a súa nova viaxe a... Máis información
- Miranda gaba a “ilusión e fortaleza” coas que os galegos e as galegas da Arxentina afrontan a segunda edición do ‘Bos Aires celebra Galicia’ 26.06.2015 audio O secretario xeral asistiu á reunión preparatoria do evento, despois de se entrevistar co responsable local de Pluralismo Cultural. Miranda viaxa hoxe ao Uruguai para asinar un novo convenio de colaboración en materia socioasistencial. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do delegado da Xunta na Arxentina,... Máis información
- A Xunta potencia a súa aposta social coa sinatura dun novo convenio asistencial para a diáspora galega 25.06.2015 audio O secretario xeral da Emigración comeza hoxe unha nova visita Uruguai e Arxentina, países nos que asistirá a diversas reunións de traballo dos ámbitos social e tecnolóxico. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia unha nova viaxe a Arxentina e Uruguai, co obxectivo de asinar un convenio en materia socioasistencial para... Máis información
Páxinas |








