A Xunta coñece en Honduras os proxectos de saneamento de auga e soberanía alimentaria que se levan a cabo grazas ás axudas galegas
O director xeral de Relacións Exteriores e coa U.E, Jesús Gamallo, visita estes días os proxectos de cooperación que financia a Cooperación Galega en Honduras e El Salvador.
Jesús Gamallo ten como obxectivos principais da viaxe a Centroamérica , ademais de supervisar os proxectos, reunirse coas organizacións que os lideran e coas autoridades locais que os apoian, e por suposto escoitar as apreciacións das persoas beneficiarias dos mesmos.
O reforzo das capacidades locais e a xestión dos seus propios recursos é obxectivo básico dos proxectos que xestionan Enxeñerías sen Fronteiras e Asemblea de Cooperación pola Paz.
Mantivo varias reunións de traballo co embaixador de España en Honduras, Miguel Albero Suárez, e o Coordinador Xeral da Cooperación Española, Miguel González Gullón.
Ademais foi recibido polo Ministro de Agricultura e Gandaría, Jacobo Alberto Paz, e pola Viceministra de Cooperación, Mª del Carmen Nasser.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, visita estes días os proxectos de cooperación que financia a Cooperación Galega en Honduras e El Salvador
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, visita estes días os proxectos de cooperación que financia a Cooperación Galega en Honduras e El Salvador
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, visita estes días os proxectos de cooperación que financia a Cooperación Galega en Honduras e El Salvador
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, visita estes días os proxectos de cooperación que financia a Cooperación Galega en Honduras e El Salvador
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, visita estes días os proxectos de cooperación que financia a Cooperación Galega en Honduras e El Salvador
O director xeral de Relacións Exteriores e coa U.E, Jesús Gamallo, acompañado da subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, coñecen durante estes días de primeira mans os proxectos de saneamento de auga e soberanía alimentaria que se están a levar a cabo en Honduras grazas ás axudas da Xunta.
O director xeral estará unha semana en Centroamérica visitando os proxectos de cooperación que financian a Cooperación Galega en Honduras e El Salvador, e tal e coma destacou, o viaxe ten coma obxectivos principais, supervisar os proxectos, reunirse coas organizacións que os lideran e coas autoridades locais que os apoian, e por suposto escoitar as apreciacións das persoas beneficiarias dos mesmos
No pais hondureño, o director xeral visitou os proxectos que a ONGD galega Enxeñería sen Fronteiras (ESF) ten na zona do Golfo de Fonseca, ao sur de Honduras, onde leva traballando a prol do desenvolvemento con financiamento da Xunta desde o 2009. Cun balance de 10 proxectos executados e preto de 1,5 millóns de euros invertidos nos últimos sete anos.
Na actualidade ESF executa en Honduras dous proxectos con financiamento galego, que buscan asegurar o dereito á alimentación con enfoque de soberanía alimentaria en poboacións vulnerables e fortalecer as capacidades locais e a participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico nos 7 municipios da mancomunidade de Nasmar. Entre ambos proxectos ESF xestionará, xunto cos seus socios locais case 400.000 euros, entre o 2015 e o 2016, resultado da última convocatoria realizada por Cooperación Galega para ONGD en concorrencia competitiva.
Gamallo reuniuse co equipo técnico de ESF para coñecer os pormenores do proxecto de xestión da auga, no que destaca a participación comunitaria na xestión da auga e o saneamento, a formación de formadores para transferir coñecementos tanto técnicos e a sensibilización sobre boas prácticas de hixiene e coidado do medio ambiente. No proxecto de soberanía alimentaria, os responsables de ESF, explicáronlle ao director o traballo que se está a facer cos grupos organizados e coas mulleres para que poidan defender o seu territorio e ter os seus propios medios de produción.
O director xeral visitou posteriormente varias comunidades do municipio de San Lorenzo para coñecer aos produtores e produtoras que participan deste proxecto, e mantivo unha xuntanza ca presidenta da cooperativa de grans 3 de Mayo, que lles explicou a importancia de poder ter un centro de abastecemento para surtir ás e aos agricultores da zona e as vantaxes de empregar grans autóctonos para facer dos seus cultivos algo rendible e sostible. Jesús Gamallo amosouse satisfeito polo esforzo e responsabilidade que puido percibir nos beneficiarios e beneficiarias dos proxectos, polo enfoque de xénero que se está aplicar e pola estratexia de sostibilidade e participación que ESF reflicte nos seus proxectos.
Tras a visita de campo, Jesús Gamallo mantivo unha reunión ca Mancomunidade de Nasmar, integrada por 7 municipios, que forman parte do proxecto de abastecemento e saneamento de augas. Os alcaldes entregaron a Gamallo unha carta de agradecemento polo apoio e explicáronlles á problemática que teñen os seus municipios co tema da auga, ao mesmo tempo que recoñeceron os avances que supuxo para eles poder contar con formación, asesoría técnica e estudos fiables para poder emprender melloras no seus sistema de augas. Dentro do proxecto que xestiona a Mancomunidade tamén estase a apoiar un Centro de Investigación Acuícola Pesqueira, que neste momento está a centrar os seus esforzos na produción de camarón e que tamén foi visitado pola delegación da Xunta.
A visita finalizou compartindo impresións coa Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Sistemas de Agua (AHJASA) que promove a xestión dos sistemas de auga por parte das comunidades como forma de responsabilizalas no uso do recurso e promover a sostibilidade dos sistemas de abastecemento, e que é un dos socios locais deste proxecto.
Este mércores e xoves Cooperación Galega estará en El Salvador visitando os proxectos de Asemblea de Cooperación pola Paz e Agareso que buscan o desenvolvemento sostible do sector pesqueiro artesanal, e a promoción da organización comunitaria para temas de turismo sostible e o fortalecemento dos medios de comunicación comunitarios.
Reunións institucionais
Nesta visita tampouco podían faltar as reunións institucionais, polo que Gamallo e Romero comezaron a xornada o luns almorzando co embaixador de España en Honduras, Miguel Albero Suárez, e o Coordinador Xeral da Cooperación Española, Miguel González Gullón, onde puideron levarse as primeiras impresións da situación actual do país.
Tamén mantiveron un encontro coa Viceministra de Cooperación, Mª del Carmen Nasser, que destacou o papel que tanto a cooperación galega como española xogan no seu país e a importancia de que esta alianza perdure. Para rematar os encontros de carácter máis institucional, mantiveron unha reunión co Ministro de Agricultura e Gandaría, Jacobo Alberto Paz, que debullou as dificultades que ten o país no tema de auga, pesca e seguridade alimentaria.
Novas relacionadas



