Miranda continúa cos galegos e galegas do Uruguai os encontros telemáticos para seguir a evolución da pandemia entre a colectividade exterior

O secretario xeral da Emigración, na videoconferencia coas e cos representantes das entidades galegas no Uruguai
O secretario xeral da Emigración, na videoconferencia coas e cos representantes das entidades galegas no Uruguai
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, continúa cos encontros telemáticos de seguimento da pandemia do coronavirus entre a colectividade galega no exterior. As e os representantes dos galegos e galegas do Uruguai foron os protagonistas da videoconferencia na que o titular do departamento galego lles informou sobre as medidas que está a tomar o Goberno galego en relación á crise xerada pola covid-19, e actualizou a información sobre a evolución desta epidemia no país andino.

Na videoconferencia presidida por Miranda participaron responsables do Patronato da Cultura Galega, o Centro Gallego de Montevideo, a Casa de Galicia de Montevideo, o Hogar Español de Montevideo, o Centro Cultural y Recreativo Hijos de Galicia, o Centro Social Cultural Bergantiños, o Centro Pontevedrés Social e Deportivo de Montevideo, o Centro Ourensán de Montevideo, o Centro Social Cultural e Deportivo de Bolos Valle Miñor, e o Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega.

522 lecturas