Novas
Buscador
- A Hermandad Gallega de Venezuela celebra o Santiago Apóstolo e a graduación da promoción XXXIª do Colexio Castelao 07.08.2021 audio A Hermandad Gallega de Venezuela honrou a Santiago Apóstolo, patrón de Galicia e de España, cun acto no que se realizaron diversas actividades, cumprindo coas medidas de seguridade sanitaria e en espazos abertos, como a tradicional procesión polas áreas comúns do club, a presentación dos grupos de baile “Semente Nova”, “Lembranzas” e “Eiras Nosas... Máis información
- Miranda recibe a un referente da colectividade galega na Provincia de Bos Aires 07.08.2021 audio O secretario xeral da Emigración recibiu no seu despacho a Francisco Solla, un referente da colectividade galega na Provincia de Bos Aires. Francisco Solla emigrou da súa localidade natal de Marín á urbe balnearia á curta idade de 13 anos, donde desenvolveu a súa vida profesional e desempeñou durante catro períodos alternativos o cargo de... Máis información
- Emigración publica a listaxe dos 200 mozos e mozas do exterior que cursarán un máster o próximo curso nas tres universidades galegas cunha bolsa BEME 06.08.2021 audio Arxentina, Venezuela, Uruguai, Brasil e Reino Unido son os países cun maior número de beneficiarias e beneficiarios, dos que 81 cursarán os seus estudos na USC, 77 na Universidade de Vigo e 42 na UDC. A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe a listaxe dos 200 mozos e mozas do exterior que cursarán os seus mestrados nalgunha das tres... Máis información
- Emigración participa na Ofrenda floral ao emigrante que celebra o Concello de Val do Dubra 06.08.2021 audio O subdirector da Secretaría Xeral, Antonio Casas Calviño, asistiu aos actos celebrados na honra dos veciños e veciñas desta localidade que residen no exterior. O subdirector da Secretaría Xeral da Emigración, Antonio Casas Calviño, asistiu hoxe aos actos na honra ao Emigrante que organiza o Concello de Val do Dubra, onde tivo lugar unha ofrenda... Máis información
- Os traballadores do restaurante da Casa de Galicia en Córdoba promocionan o Xacobeo 21-22 a través do seu material de traballo 06.08.2021 audio Os traballadores do restaurante co que conta a Casa de Galicia en Córdoba promocionan o Camiño de Santiago a través do uso do material de traballo co logo do Xacobeo 21-22 que a Secretaría Xeral da Emigración enviou ás diferentes entidades galegas do exterior. Este envío permite dotar de material de traballo a estes centros de restauración pero... Máis información
- Miranda analiza con Carlos Canosa a situación das galegas e galegos no cantón suízo de Lucerna 05.08.2021 audio O secretario xeral da Emigración recibiu no seu despacho a Carlos Canosa, presidente do Centro Galego de Lucerna, con quen analizou a situación actual das galegas e galegos neste cantón suízo, tanto en relación á situación da pandemia como na propia recuperación da normalidade nas actividades da entidade e do seu establecemento de restauración.... Máis información
- As e os emigrantes retornados emprendedores poden acollerse á nova axuda da Xunta de 12,2M€ destinada a impulsar o emprego autónomo 05.08.2021 audio As axudas poden solicitarse desde hoxe e ata o próximo 30 de setembro. Para a promoción do emprego autónomo destínanse 11,2 millóns de euros con axudas máximas de ata 10.000 euros para facilitar a posta en marcha de novas iniciativas empresariais. Os incentivos á contratación indefinida do primeiro, segundo ou terceiro traballador ou traballadora... Máis información
- As galegas e galegos retornados poden presentar aínda as súas solicitudes á liña de Axudas ao Retorno Emprendedor 04.08.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recorda que continúa aberta a liña de axudas ao emprendemento das e dos retornados que permite aos galegos e galegas que, como Alberto Jurjo, regresaron á súa terra de orixe poñer en marcha unha iniciativa empresarial, e así sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en... Máis información
- Emigración lembra que mañá remata o prazo de presentación de solicitudes para optar á posta en marcha de obradoiros nas entidades galegas do exterior 04.08.2021 audio Haberá dúas modalidades, presencial e virtual, para talleres de folclore, artesanía, cociña e cultura galega. O programa, que conta cun orzamento de 150.000 euros, sufragará os gastos de realización na súa totalidade para apoiar aos centros tralas complicacións económicas provocadas pola pandemia. A Secretaría Xeral da Emigración lembra que mañá... Máis información
- Emigración informa ás entidades galegas de España e Europa sobre o programa “Reencontros co Xacobeo” 03.08.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladou aos centros galegos esta iniciativa que está destinada aos maiores de 65 anos que poderán coñecer o patrimonio cultural e natural das zonas polas que realicen o Camiño de Santiago e as actividades de balneario no lugar no que se aloxen. A selección das persoas participantes,... Máis información
Páxinas |









