Emigración e Turismo acompañan aos galegos e galegas do exterior que participan no programa “Conecta co Xacobeo” no tramo de Bendoiro (Lalín) da Vía da Prata
- Imaxe desta mañá co grupo do Conecta co Xacobeo que está a percorrer a Vía da Prata

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto á directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o alcalde de Lalín, Xosé Crespo, acompañaron na mañá de hoxe ás galegas e galegos do exterior que participan no programa “Conecta co Xacobeo” na etapa de Bendoiro da Vía da Prata.
Despois de que onte os preto de cen galegos e galegas que están a participar nesta iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración puideran desfrutar dunha xornada de lecer coñecendo o Mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil e posteriormente realizaran unha viaxe en catamarán polos canóns do río Sil, hoxe retomaron os novos tramos dos camiños que están a realizar en dous grupos: o Camiño Portugués, chegando ata Padrón, e dende Bendoiro, en Lalín, ata Bandeira as e os que realizan a Vía da Prata.
Tanto Nava Castro como Rodríguez Miranda recordaron que se trata dun programa que ten como obxectivo dar un pulo ás entidades e centros galegos e aos seus asociados e asociadas, que sufriron durante estes meses as limitacións a causa da pandemia e deste xeito, convertelos en promotores do Camiño de Santiago en tódolos lugares onde teñen a súa sede.
Recordar que se trata dun cento de persoas vinculadas aos centros galegos de España e de Europa que están a realizar, dende o pasado domingo, ambos camiños dentro do programa “Conecta co Xacobeo” que organiza a Secretaría Xeral da Emigración.
Novas relacionadas