A Ribeira Sacra centra as actividades do día de lecer das e dos participantes no programa “Conecta co Xacobeo”

  • Imaxe de hoxe na Ribeira Sacra
    Imaxe de hoxe na Ribeira Sacra
  • Imaxe de hoxe na Ribeira Sacra
    Imaxe de hoxe na Ribeira Sacra
  • Imaxe de hoxe na Ribeira Sacra
    Imaxe de hoxe na Ribeira Sacra
  • Imaxe de hoxe na Ribeira Sacra
    Imaxe de hoxe na Ribeira Sacra
  • Imaxe de hoxe na Ribeira Sacra
    Imaxe de hoxe na Ribeira Sacra
  • Imaxe de hoxe na Ribeira Sacra
    Imaxe de hoxe na Ribeira Sacra
As e os participantes no Conecta co Xacobeo interpretaron o himno galego durante a visita
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2021.

As galegas e galegos do exterior que participan no programa “Conecta co Xacobeo” mantiveron hoxe unha xornada de lecer e convivencia antes de retomar mañá as tres últimas etapas que os levarán ata Santiago de Compostela.

Deste xeito, os preto de cen galegos e galegas que están a participar nesta iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración puideron hoxe coñecer o Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e posteriormente realizaron unha viaxe en catamarán polos canóns do río Sil, descubrindo así a beleza do enclave recentemente nomeado Reserva da Biosfera pola Unesco. Ademais, tamén puideron comprobar como se vendima nesta comarca, gozando así dunha actividade única no mundo.

Mañá retomarán o camiño, dende Caldas de Reis as e os que están a facer o Camiño Portugués, e dende Bendoiro, en Lalín, as e os que percorren a Vía da Prata.    

Lembrar que se trata dun cento de persoas vinculadas aos centros galegos de España e de Europa que están a realizar, dende o pasado domingo, ambos camiños dentro do programa “Conecta co Xacobeo” que organiza a Secretaría Xeral da Emigración. Trátase da primeira iniciativa deste tipo posta en marcha dende a pandemia e o seu obxectivo é dar un pulo ás entidades e centros galegos, así como aos seus asociados e asociadas, que sufriron numerosos peches e limitacións a causa da pandemia durante os últimos meses e que son promotores do Camiño de Santiago en todos os lugares onde teñen a súa sede.

559 lecturas