Emigración informa sobre como as e os emigrantes retornados deben xestionar o seu empadroamento

A terceira das 'Pílulas do Retorno' trata sobre a inscrición no padrón municipal
A terceira das "Pílulas do Retorno" trata sobre a inscrición no padrón municipal
Vídeo informativo sobre o empadroamento
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración continúa coa publicación das súas pílulas informativas en relación aos principais documentos que se deben obter ao chegar a Galicia.   

Deste xeito, hoxe publícase un novo vídeo no que se explica como e onde se pode tramitar o empadroamento, un requisito que depende de cada concello onde se resida. Trátase dun trámite obrigatorio para poder obter outros documentos acreditativos no país. Para máis información, poden dirixirse a calquera das cinco oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno (situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. Tamén poden enviar un correo electrónico a retorno.emigracion@xunta.gal.

 

237 lecturas