Miranda recibiu aos 40 galegos e galegas de Tres Cantos (Madrid) que remataron hoxe o Camiño de Santiago

  • Imaxe desta tarde na Praza do Obradoiro
    Imaxe desta tarde na Praza do Obradoiro
  • Imaxe desta tarde na Praza do Obradoiro
    Imaxe desta tarde na Praza do Obradoiro
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu na praza do Obradoiro ás e aos 40 membros do Centro Galego de Tres Cantos de Madrid que acaban de rematar hoxe de percorrer o Camiño Francés dende Sarria.

Rodríguez Miranda agradeceulles que se animaran a participar activamente no Xacobeo 21-22 e que, deste xeito, difundiran o espírito do Camiño que estiveron a desenvolver dende o 15 de setembro. Dende o centro galego madrileño agradeceron pola súa banda o apoio da Secretaría Xeral na realización desta iniciativa e aseguraron que continuarán a poñer en marcha proxectos de difusión do Xacobeo ao longo dos próximos meses e durante todo o 2022.
 

345 lecturas