Miranda recibe ao novo presidente da Casa de España de Río de Xaneiro

Antonio Rodríguez Miranda e Juan Rafael Ramos Fernández, na sede de Emigración na capital de Galicia
Antonio Rodríguez Miranda e Juan Rafael Ramos Fernández, na sede de Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao novo presidente da Casa de España de Río de Xaneiro, Juan Rafael Ramos Fernández, a quen lle transmitiu o apoio do departamento autonómico nesta nova etapa. 

Ramos Fernández trasladou a Rodríguez Miranda os proxectos que teñen en marcha e os que se están a rematar de preparar para a celebración do Xacobeo 21-22 e a súa difusión entre as e os veciños e os galegos e galegas residentes nesta localidade brasileira, recordando que precisamente en Río de Xaneiro atópase unha das mouteiras mais emblemáticas do Cono Sur, o da Punta do Arpoador, na praia de Ipanema, dende onde se lle dá un significado especial ao Camiño de Santiago.

665 lecturas