Caldas e Lalín, fin de etapa de hoxe das e dos participantes do programa “Conecta co Xacobeo”

  • Imaxe das e dos participantes que están a percorrer o Camiño Portugués
    Imaxe das e dos participantes que están a percorrer o Camiño Portugués
  • Imaxe das e dos participantes que están a percorrer a Vía da Prata
    Imaxe das e dos participantes que están a percorrer a Vía da Prata
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2021.

Os galegos e galegas do exterior que participan no programa “Conecta co Xacobeo” chegan hoxe, dende Pontevedra e Dozón, na súa terceira etapa dos camiños Portugués e Vía da Prata ata Bendoiro, en Lalín, e ata Caldas de Reis. Pola tarde un grupo coñecerá Cambados e, o outro, o Mosteiro de Oseira. 

Recordar que cerca dun cento de persoas vinculadas aos centros galegos de España e de Europa están a realizar, dende o pasado domingo, ambos camiños dentro do programa “Conecta co Xacobeo” que organiza a Secretaría Xeral da Emigración. Trátase da primeira iniciativa deste tipo posta en marcha dende a pandemia, e o seu obxectivo é dar un pulo ás entidades e centros galegos, así como aos seus asociados e asociadas, que sufriron numerosos peches e limitacións a causa da pandemia durante os últimos meses e que son promotores do Camiño de Santiago en todos os lugares onde teñen a súa sede.

315 lecturas