As e os participantes do “Conecta co Xacobeo” chegan na súa segunda etapa do Camiño a Dozón e Pontevedra

  • Imaxe das e dos participantes que están a percorrer o Camiño Portugués
    Imaxe das e dos participantes que están a percorrer o Camiño Portugués
  • Imaxe das e dos participantes que están a percorrer a Vía da Prata
    Imaxe das e dos participantes que están a percorrer a Vía da Prata
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2021.

As galegas e galegos do exterior que participan no programa “Conecta co Xacobeo” chegan na súa segunda etapa dos camiños Portugués e Vía da Prata ata Dozón e Pontevedra.

Recordar que preto dun cento de persoas vinculadas aos centros galegos de España e de Europa están a percorrer, dende onte, ambos camiños dentro do programa “Conecta co Xacobeo” que organiza a Secretaría Xeral da Emigración. Trátase da primeira iniciativa deste tipo posta en marcha dende a pandemia e o seu obxectivo é dar un pulo ás entidades e centros galegos, así como ás e aos seus asociados, que sufriron numerosos peches e limitacións a causa da pandemia durante os últimos meses e que son promotores do Camiño de Santiago en todos os lugares onde teñen a súa sede.

433 lecturas