Emigración colabora co centro de restauración da Irmandade Galega na Suíza de Xenebra para promocionar o Xacobeo

Imaxe do restaurante da Irmandade Galega na Suíza
Imaxe do restaurante da Irmandade Galega na Suíza
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración colabora co centro de restauración da Irmandade Galega na Suíza de Xenebra para promocionar o Xacobeo a través do envío de material para os traballadores e traballadoras co logo do Xacobeo 21-22. 

Este material de traballo permite aos centros galegos do exterior promocionar, a través dos seus locais de restauración, o Camiño de Santiago ante estes dous anos de Xacobeo nos que nos atopamos. Entre outro material, enviáronse gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo.

474 lecturas