Novas
Buscador
- Miranda destaca a colaboración da Xunta coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo para a atención aos galegos e galegas con maior necesidade socioasistencial 25.10.2022 audio O secretario xeral da Emigración visitou esta asociación galegobrasileira destacando a colaboración anual con esta entidade para contribuír ao financiamento da asistencia ás persoas galegas acollidas no seu centro de día, que en 2022 superou os 13.000 euros. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou as instalacións coas... Máis información
- Emigración participa na xornada sobre a importancia de preservar a arte do exilio organizada polo Consello da Cultura Galega 25.10.2022 audio Diferentes profesionais participaron nestas conferencias centradas sobre a importancia de conservar e contextualizar o legado do panorama artístico galego contemporáneo do exilio. A subdirectora de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, participou esta mañá na inauguración... Máis información
- Miranda visita a asociación Recreio dos Anciãos de Río de Xaneiro destacando a colaboración da Xunta no seu labor de atención ás e aos galegos con maior necesidade 24.10.2022 audio O secretario xeral da Emigración visitou a entidade galega brasileira destacando a colaboración anual con esta entidade, que en 2022 ascendeu a máis de 37.000 euros. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou as instalacións da Residencia Santiago Apóstol da Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice... Máis información
- O secretario xeral da emigración traslada ás entidades galegas do Brasil o impulso dos programas de apoio ao retorno postos en marcha pola Xunta e pediulles colaboración na súa divulgación 23.10.2022 audio Antonio Rodríguez Miranda mantivo unha reunión cos e coas representantes destes centros informándolles tanto das convocatorias das bolsas para máster BEME como das destinadas á realización de cursos de FP para traballar en Galicia. Tamén analizou con estas entidades as súas necesidades actuais e a programación das súas actividades futuras. O... Máis información
- Miranda participa na Xuntanza de entidades galegas do Brasil que organiza a Casa de España de Río de Xaneiro 23.10.2022 audio O secretario xeral da Emigración destacou a colaboración anual con esta entidade, que en 2022 superou os 40.000 euros, e que ten como finalidade apoiar o funcionamento do seu centro social e manter a súa oficina de atención social. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou onte na xuntanza de entidades galegas de... Máis información
- Chegan a Galicia os case 200 galegos e galegas do exterior que realizarán o Camiño de Santiago dentro do programa Conecta co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración 22.10.2022 audio Esta iniciativa, na que volven participar galegas e galegos procedentes de países americanos trala pandemia, ten como obxectivo difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo. As e os participantes realizarán os últimos 100 quilómetros do Camiño Portugués e da Vía da Prata en diferentes etapas. As e os case 200 participantes do programa... Máis información
- Miranda visita Brasil para coñecer a situación actual da colectividade galega trala pandemia 21.10.2022 audio O secretario xeral manterá unha reunión de traballo coas entidades galegas no país, aproveitando tamén para achegarse a varias entidades que dan apoio aos galegos e galegas con maiores necesidades socioeconómicas. O secretario xeral da Emigración retoma o contacto presencial coa colectividade galega do Brasil esta fin de semana, achegándose ata... Máis información
- Parten cara a Galicia as e os primeiros participantes do Conecta co Xacobeo procedentes de Uruguai e Arxentina 21.10.2022 audio As e os beneficiarios do programa Conecta co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración procedentes de Arxentina e Uruguai xa se atopan de camiño a Galicia para vivir, dende mañá mesmo, sábado, a experiencia do Camiño de Santiago e do Xacobeo. Nos aeroportos de orixe foron despedidas e despedidos por responsables das delegacións da Xunta de... Máis información
- O Ciclo Mestre Mateo chega esta fin de semana ás entidades galegas do exterior coa proxección da película “Malencolía” 20.10.2022 audio O Ciclo Mestre Mateo continúa esta fin de semana desenvolvéndose nos centros galegos do exterior, neste caso coa proxección da película Malencolía, protagonista do mes de outubro. O ciclo, froito da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas que participan no mesmo, ten como... Máis información
- Quintana e Miranda acompañan á colectividade venezolana en Galicia na entronización da reliquia do beato José Gregorio Hernández 19.10.2022 audio A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañaron esta mañá á colectividade venezolana en Galicia nos actos de entronización das reliquias do beato José Gregorio Hernández que tivo lugar na Catedral de Santiago de Compostela. O acto estivo presidido polo cardeal e arcebispo da... Máis información
Páxinas |









