A Xunta concede 38 bolsas á mocidade exterior para que retornen, estuden FP e traballen en Galicia

As e os primeiros beneficiarios destas bolsas, de entre 17 e 39 anos de idade, proceden de Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai, Paraguai, México e Brasil.

Reciben unha bolsa 6.500€ de apoio económico para a viaxe, o aloxamento e a manutención durante o próximo curso 2022-23.

Cursarán formación específica básica de Albanelaría e fontanaría no Centro Integrado de FP de Someso (A Coruña) e de Fontanaría, calefacción, electricidade e telecomunicacións no Universidade laboral (Culleredo) e no Ferrolterra (Ferrol).

É a primeira vez que o Goberno galego instaura esta modalidade de ensinanzas dentro do programa ‘Retorna Mocidade FP’, co que se busca que as galegas e galegos retornados accedan a unha formación recoñecida que posibilite a súa incorporación ao mercado laboral.

Cada unha das bolsas ten unha dotación económica de 6.500 euros
Cada unha das bolsas ten unha dotación económica de 6.500 euros
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2022.

A Xunta de Galicia acaba de conceder 38 bolsas á mocidade do exterior co fin de que cursen en Galicia estudos de Formación Profesional de nivel básico en Galicia o vindeiro curso académico 2022-23 coa finalidade de que se queden a traballar aquí, tal e como pode consultarse no Diario Oficial de Galicia

As e os primeiros beneficiarios destas bolsas, de entre 17 e 39 anos de idade, proceden de Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai, Paraguai, México e Brasil, e cursarán formación específica básica de Albanelaría e fontanaría no Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso, na Coruña; e de Fontanaría, calefacción, electricidade e telecomunicacións nos CIFP Universidade Laboral (Culleredo) e no Ferrolterra (Ferrol). 

As bolsas, dotadas con 6.500€ cada unha delas, inclúen a viaxe desde o país de procedencia, o aloxamento e manutención na Comunidade galega e a subscrición dun seguro médico de ser o caso. Os beneficiarios e beneficiarias recibirán un primeiro pagamento de 3.700€ no primeiro trimestre do curso (co único requisito de estar matriculado ou matriculada) e un segundo pagamento de 2.800€ no segundo trimestre da formación. Neste caso o alumno ou alumna deberá ter aprobado o 70% dos módulos cursados no primeiro trimestre.

Estratexia Retorna
Esta é a primeira vez que o Goberno galego instaura esta modalidade de ensinanzas dentro do programa Retorna Mocidade FP, que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades financia con 247.000€.

A convocatoria busca incentivar o retorno dos galegos e galegas do exterior, non só das e dos emigrados, senón tamén das e dos seus descendentes, favorecendo a súa incorporación e a dos seus fillos e fillas nos centros de Formación Profesional da Comunidade así como o acceso ao mercado laboral.  

Enmárcase, ademais, no paquete de accións deste tipo desenvolvidas ata o momento como son as bolsas para cursar estudos de FP de grao Superior e as Bolsas de Excelencia para a Mocidade Exterior (BEME) para a realización de un máster nunha das tres universidades galegas, estas últimas da Secretaría Xeral da Emigración. 

775 lecturas