A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao encontro de despedida de ano da Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago

Imaxe do encontro celebrado na capital uruguaia
Imaxe do encontro celebrado na capital uruguaia
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 23 de decembro de 2022.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á gala de despedida do ano que organizou a Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago, que preside Adriana Fernández.

A delegada da Xunta felicitou á asociación polo seu traballo en apoio do Camiño de Santiago, tanto pola divulgación que do mesmo realizan no Uruguai, como pola información sobre rutas a desenvolver no eido do Camiño cara a Compostela. 

410 lecturas