Novas
Buscador
- Miranda mantén un encontro co emprendedor arxentino, descendente de galegos, Mateo Salvatto, no que analizaron os seus proxectos futuros en España 18.10.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo durante a súa visita a Arxentina un encontro co emprendedor arxentino e descendente de galegos Mateo Nicolás Salvatto, no que analizaron os proxectos futuros en España deste experto en robótica e creador dunha aplicación que facilita a comunicación a persoas con dificultades na... Máis información
- A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asiste aos actos de celebración do Día da Hispanidade en Montevideo 18.10.2022 audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos actos de celebración polo día da Hispanidade en Montevideo, que tivo lugar na sede da Embaixada de España na capital do país americano. Ademais, e organizado pola Federación de Instituciones Españolas en el Uruguay (FIEU), levouse a cabo unha ofrenda floral no monumento a Isabel de... Máis información
- Rueda traslada ao presidente do Uruguai a colaboración de Galicia para potenciar as relacións comerciais ás dúas beiras do Atlántico 17.10.2022 audio Rueda interésase pola situación dos galegos e galegas no Uruguai e reafirma a vontade do Goberno galego por colaborar co futuro do Hogar Español e do patrimonio da Casa de Galicia en Montevideo. Coa reunión mantida con Lacalle, o mandatario galego pecha cinco días dunha viaxe que cualificou como “moi satisfactoria” polas oportunidades que ofreceu... Máis información
- Rueda participa na presentación oficial dos selos do Xacobeo 21-22 e dun cuño conmemorativo da súa visita ao Uruguai 17.10.2022 audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Montevideo no acto de presentación oficial dun cuño e de dous selos do Xacobeo 21-22 e doutro cuño en conmemoración da súa visita ao Uruguai. No evento estiveron presentes os ministros uruguaios de Gandería, Agricultura e Pesca, Fernando Mattos, e o interino de Turismo, Remo Monzeglio. ... Máis información
- Rueda resalta o papel das entidades galegas á hora de difundir a cultura e as tradicións da terra entre as novas xeracións do Uruguai 16.10.2022 audio Destaca que o seu labor contribúe a manter vivos os fortes lazos que unen o país charrúa con Galicia e lembra que as e os residentes no exterior contan co apoio da Xunta para estudar ou emprender de volta na Comunidade. Sinala o impacto do presente e do legado galego na cidade de Montevideo, onde se asentan once centros que contribúen a manter... Máis información
- Rueda tende a man aos galegos e galegas do exterior para escoitar as súas necesidades e ofrecer oportunidades como os incentivos ao retorno 16.10.2022 audio Amosa o compromiso da Xunta con aquelas e aqueles que queiran beneficiarse dos incentivos para a posta en marcha de negocios ou para completar a súa formación en Galicia. Destaca a “galeguidade” de milleiros de familias no Uruguai e o seu importante labor por manter viva a cultura e as tradicións do outro lado do Atlántico. Durante o primeiro día... Máis información
- Rueda participa nunha reunión de traballo co embaixador de España no Uruguai 15.10.2022 audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu a unha recepción e xantar de traballo co embaixador de España no Uruguai, José Javier Gómez-Llera y García-Nava, na que estivo presente tamén a ministra conselleira da embaixada, Silvia Cosano Nuño; a cónsul xeral de España en Montevideo, María Victoria Scola Pliego; o conselleiro de Traballo,... Máis información
- Rueda garante aos galegos e galegas do exterior que teñen as portas de Galicia abertas para retornar e emprender na terra das súas orixes 15.10.2022 audio Convídaas e convídaos a aproveitar as oportunidades que lles ofrece o Goberno galego para formarse, emprender ou asentarse na terra dos seus avós e avoas. Recalca que A Arxentina é “o país do mundo con máis galegos”, xa que residen unhas 180.000 persoas con raíces na Comunidade. No segundo día da súa estadía na capital bonaerense, inaugura a... Máis información
- Rueda agradece o recoñecemento como visitante ilustre de Bos Aires e lembra que os galegos e galegas teñen “unha débeda eterna de gratitude” coa capital arxentina 14.10.2022 audio O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, agradeceu hoxe á Lexislatura da Cidade Autónoma de Buenos Aires o seu recoñecemento como visitante ilustre e lembrou que os galegos e galegas teñen “unha débeda eterna de gratitude” coa capital arxentina. Durante a súa intervención, Rueda subliñou a “irmandade” existente entre A Arxentina e... Máis información
- Rueda eloxia a pegada da emigración na Arxentina e en Galicia e reedita o compromiso e o apoio da Xunta coas entidades do exterior 14.10.2022 audio Na súa primeira viaxe a América do Sur como titular da Xunta, gabou o labor da emigración galega na Arxentina e da emigración arxentina en Galicia: “A historia con minúscula de miles de emigrantes fraguou a nosa Historia con maiúscula”, dixo perante un auditorio de 200 persoas. Destacou o labor do Club Español, “que foi durante 170 anos un fogar e... Máis información
Páxinas |









