O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, felicita o Nadal ás galegas e galegos do exterior

Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 25 de decembro de 2022.
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, felicita o Nadal ás galegas e galegos de todos os recunchos do mundo, agradecéndolles que sigan a ter presente a Galicia aló onde residan e que sigan a representar e potenciar a nosa cultura.
Alfonso Rueda lembrou que a Xunta continuará traballando para apoialas e apoialos aló onde se atopen e para facilitarlle o retorno a cantas e cantos desexen volver e construír a súa vida na sociedade galega.
Novas relacionadas