O equipo da Secretaría Xeral da Emigración e das delegacións da Xunta na Arxentina e Uruguai felicitan as festas a todos os galegos e galegas do mundo

Felicitación do Nadal 2022 e Aninovo 2023
Felicitación do Nadal 2022 e Aninovo 2023
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de decembro de 2022.

O equipo da Secretaría Xeral da Emigración e das delegacións da Xunta na Arxentina e Uruguai desexan felices festas a todos os galegos e galegas do mundo a través dun vídeo no que tamén participan as traballadoras e traballadores da Oficina Integral de Asesoramento e Información ao Retorno de Lugo, A Coruña, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e os delegados de Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro e Elvira Domínguez Alonso, queren así trasladar a todas e todos os galegos residentes nos cinco continentes e ás entidades galegas do exterior unha mensaxe de paz, saúde, e prosperidade para o próximo 2023.

228 lecturas