Rodríguez Miranda destaca na TVG a importancia da nova Estratexia Retorna para conseguir caudal de coñecemento activo e vantaxe competitiva para Galicia

O secretario xeral da Emigración foi entrevistado no Telexornal da Televisón de Galicia
O secretario xeral da Emigración foi entrevistado no Telexornal da Televisón de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou no Telexornal da Televisión de Galicia a importancia da aprobación da nova Estratexia Retorna da Secretaría Xeral da Emigración para a loita contra o reto demográfico e co obxectivo de facilitar o dereito ao retorno dos galegos e galegas do exterior que aportarán caudal de coñecemento activo e vantaxe competitiva á sociedade galega. Nesta reportaxe, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recordou que esta estratexia ten como obxectivo lograr o  rexuvenecemento da poboación de Galicia.

O novo documento baséase na experiencia da primeira Estratexia Retorna, que agora verase duplicada tanto no orzamento inicial como nas medidas a aplicar polo conxunto de todos os departamentos galegos, con 450M€ de orzamento global e 50M€ destinados a medidas específicas. O obxectivo para os próximos catro anos é conseguir o regreso de, polo menos, 30.000 galegas e galegos do exterior. Para conseguilo, potenciarase tamén a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, con novos servizos laborais e fiscais. Tamén serán novidosos os programas que se porán en marcha nos próximos meses da man da Consellería de Emprego.  

  • Entrevista ao secretario xeral da Emigración na TVG | Acceder
303 lecturas