A Secretaría Xeral da Emigración contará cun orzamento de 6,6M€ en 2023 para apoiar ás e aos galegos e entidades do exterior

Orzamentos 2023 da SXE - Galegos/as e entidades no exterior
Orzamentos 2023 da SXE - Galegos/as e entidades no exterior
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2022.

A Secretaria Xeral da Emigración aumentará o seu orzamento para 2023 e, no mesmo, apostarase tanto por continuar a apoiar ás e aos galegos e entidades do exterior como a potenciar o retorno. Deste xeito, destínanse 6,6€ M€ para os diversos programas de apoio social que a Secretaría Xeral destina aos galegos e galegas do exterior que se atopan en situación de vulnerabilidade, así como para o funcionamento e actividades culturais e sociais dos centros galegos e a súa mellora de infraestruturas e equipamentos.  

A Secretaría Xeral, que contará en 2023 cun orzamento de 19,5M€, apoiará tanto os programas específicos para o retorno como as actuacións en materia de emigración.  A xestión deste departamento autonómico ten como obxecto as actuacións de apoio ás cidadás e cidadáns galegos no exterior e ás entidades galegas asentadas fóra da nosa comunidade autónoma, co fin de fomentar a súa participación na vida social, cultural e económica de Galicia e contribuír á mellora do seu benestar e calidade de vida. Ademais, desenvolve accións encamiñadas a integración social e laboral dos galegos e galegas que deciden retornar a Galicia.

205 lecturas