Novas
Buscador
- Os mozos e mozas do programa Conecta co Camiño de Emigración rematan a súa andaina ante a Catedral de Santiago de Compostela 30.07.2023 audio Este programa permitiu que 50 galegas e galegos do exterior de entre 18 e 20 anos procedentes da Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado realizaran o Camiño Portugués pola Costa e coñeceran aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego. O medio... Máis información
- Fabiola García participa nun encontro con mulleres distinguidas co galardón ‘A Barca de Sálvora’ en Bos Aires 30.07.2023 audio A conselleira de Política Social e Xuventude, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López, visitou o Centro Gallego de Avellaneda. Posteriormente, asinou un protocolo de colaboración coa residencia de maiores Hogar Gallego para Ancianos de Domselaar por valor de 20.000 euros A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García,... Máis información
- O especial “Historias de ida e volta” analiza a acción filantrópica de Blanco de Lema 30.07.2023 audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos séculos XIX e XX. O especial Historias de ida e volta, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración... Máis información
- Rueda pon en valor que a estabilidade de Galicia convértea nun territorio atractivo para investir 29.07.2023 audio Agradece o compromiso dos que apostan por esta comunidade para poñer en marcha os seus proxectos xa que ningún país prospera sen os seus empresarios. Subliña que a Xunta vai seguir traballando para que Galicia sexa o lugar “de estabilidade, certezas e tranquilidade” que demandan os inversores. O Goberno autonómico apoia ao tecido empresarial con... Máis información
- Chegan a Galicia os mozos e mozas do exterior que participan na segunda quenda do programa Conecta con Galicia de Emigración 29.07.2023 audio Este programa, que se realiza en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, desenvolverase no albergue de Gandarío ata o próximo 11 de agosto e ten como obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual. A trintena de rapazas e rapaces que participaron na primeira quenda desta iniciativa remataron... Máis información
- Fabiola García felicita ao Centro Galicia de Bos Aires polo seu 44 aniversario 29.07.2023 audio Asinou tamén un protocolo de colaboración co Centro Gallego de Mar del Plata por valor de 10.000 euros para apoiar as súas actividades e centro de día de atención a maiores. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, asistiu este venres á cea de gala en conmemoración... Máis información
- Conferencias, foliadas e xuntanzas centraron as celebracións das entidades galegas no Uruguai polo Día de Galicia 29.07.2023 audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos diferentes actos celebrados polo Día de Galicia en varias das entidades de Montevideo, como o Patronato da Cultura Galega, Alma Gallega ou o Centro Gallego de Montevideo. Conferencias, foliadas e xuntanzas centraron as iniciativas coas que os galegos e galegas deste país do Cono Sur... Máis información
- Miranda apoia aos galegos e galegas que impulsan a reactivación do Centro Gallego O Noso Lar da República Dominicana 28.07.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu aos representantes do Centro Gallego O Noso Lar da República Dominicana, Eduardo Pahíno e Leandro Tales, que lle trasladaron o obxectivo desta entidade de reactivar os seus proxectos futuros, poñendo en marcha novas iniciativas e actividades. Durante a reunión, Miranda... Máis información
- Os mozos e mozas do Conecta con Galicia visitan o Polo Aeroespacial de Galicia en Rozas (Castro de Rei - Lugo) para achegarse ao mundo da innovación galega 28.07.2023 audio As e os preto de 30 mozos e mozas galegas do exterior que chegaron a pasada semana para participar no programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración visitaron nas últimas horas o Polo Aeroespacial de Galicia de Rozas (en Castro de Rei, Lugo) para achegarse ao mundo da innovación e a realidade empresarial galega. Este programa,... Máis información
- Elvira Domínguez felicita ao programa Sempre en Galiza polo galardón Castelao 2023 da Federación de Asociaciones Gallegas en el Uruguay polos seus 73 anos de apoio á lingua galega 28.07.2023 audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á entrega do galardón Castelao 2023 que outorga a Federación de Asociaciones Gallegas neste país e que se celebrou no Centro Pontevedrés Social y Deportivo de Montevideo. A máxima responsable da Xunta no país do Cono Sur felicitou ao programa Sempre en Galiza por este premio destacando os... Máis información
Páxinas |









