Elvira Domínguez felicita ao programa Sempre en Galiza polo galardón Castelao 2023 da Federación de Asociaciones Gallegas en el Uruguay polos seus 73 anos de apoio á lingua galega

  • Imaxe do acto de entrega do galardón Castelao 2023
    Imaxe do acto de entrega do galardón Castelao 2023
  • Imaxe do acto de entrega do galardón Castelao 2023
    Imaxe do acto de entrega do galardón Castelao 2023
  • Imaxe do acto de entrega do galardón Castelao 2023
    Imaxe do acto de entrega do galardón Castelao 2023
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 28 de xullo de 2023.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á entrega do galardón Castelao 2023 que outorga a Federación de Asociaciones Gallegas neste país e que se celebrou no Centro Pontevedrés Social y Deportivo de Montevideo. A máxima responsable da Xunta no país do Cono Sur felicitou ao programa Sempre en Galiza por este premio destacando os 73 anos que leva en antena apoiando a lingua galega. 

Elvira Domínguez agradeceu o seu labor de difusión da nosa cultura e, por suposto, da nosa lingua. No acto estivo acompañada da cónsul xeral no Uruguai, María Victoria Scola, así como da conselleira laboral Isabel de Zulueta e das e dos representantes da Federación de Asociaciones Gallegas e do Centro Pontevedrés. O galardón foi entregado durante a celebración do Xantar de Irmandade 2023 da colectividade galega no Uruguai. 

202 lecturas