Fabiola García felicita ao Centro Galicia de Bos Aires polo seu 44 aniversario

Asinou tamén un protocolo de colaboración co Centro Gallego de Mar del Plata por valor de 10.000 euros para apoiar as súas actividades e centro de día de atención a maiores.

  • A conselleira de Política Social e Xuventude, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López, asistiu este venres á cea de gala por esta conmemoración
    A conselleira de Política Social e Xuventude, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López, asistiu este venres á cea de gala por esta conmemoración

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 29 de xullo de 2023.

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, asistiu este venres á cea de gala en conmemoración polo 44 aniversario do Centro Galicia en Bos Aires. Durante a viaxe institucional que está a realizar esta semana por América Latina, a conselleira tivo a oportunidade de trasladar o agarimo da sociedade galega a este centro no que cada día se reúnen centos de galegos emigrados.

A conselleira agradeceu no seu discurso ao Centro Galicia de Bos Aires o seu labor de coidado, difusión e mantemento da cultura e a tradición galega ao outro lado do océano Atlántico. Así mesmo, afondou no emocionante que é ver como, a quilómetros de distancia, a semana do 25 de xullo cobra un significado tan especial para centos de galegos na diáspora que seguen recordando as súas orixes e trasladan o seu cariño pola súa terra de xeración en xeración.

Este Centro Galicia de Bos Aires conta cunha gran comunidade de galegos que se achegan ás súas instalacións para asistir a clases de música, baile tradicional, gaita ou teatro. Conta con máis de 9.000 socios, dos cales a gran maioría teñen orixe galega. A conselleira apuntou que para todos eles, “galegos de orixe e de corazón”, é esta celebración do 44 aniversario e da semana de Galicia.

Convenio Centro Gallego de Mar del Plata
Previamente, a conselleira asinou tamén un protocolo de colaboración co Centro Gallego de Mar del Plata, por valor de 10.000 euros, para seguir apoiando o funcionamento do seu centro de día de atención a maiores. Fabiola García agradeceu que estas entidades continúen a reforzar o vínculo entre a Arxentina e Galicia e sinalou que o Goberno galego seguirá devolvéndolle a estes galegos na diáspora un pouco de todo o que teñen achegado a Galicia.

139 lecturas