Os mozos e mozas do programa Conecta co Camiño de Emigración rematan a súa andaina ante a Catedral de Santiago de Compostela

Este programa permitiu que 50 galegas e galegos do exterior de entre 18 e 20 anos procedentes da Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado realizaran o Camiño Portugués pola Costa e coñeceran aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego.

  • Imaxe da chegada a Santiago das e dos participantes no Conecta co Camiño 2023 da Secretaría Xeral da Emigración
    Imaxe da chegada a Santiago das e dos participantes no Conecta co Camiño 2023 da Secretaría Xeral da Emigración

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2023.

O medio cento de mozos e mozas participantes no programa Conecta co Camiño chegaron hoxe a Santiago de Compostela para rematar, ante a Catedral, o Camiño Portugués pola Costa que estiveron a realizar durante os últimos días. Estas e estes galegos do exterior, de entre 18 e 20 anos, proceden de diversos países con gran presenza da colectividade galega como Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil.

Esta iniciativa, realizada en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago, coñecendo a realidade da Galicia actual e moderna, actuando de altofalantes da mesma nos países onde residen e que coñecéndoa poidan decidir retornar a Galicia.

Ao longo da mañá de hoxe, as e os participantes no Conecta co Camiño realizaron o último tramo ata Compostela e, tras participar na misa do Peregrino, puideron desfrutar dun xantar de despedida e confraternidade en San Martiño Pinario.

As e os beneficiados aloxáronse, ao longo desta estadía, na Residencia Xuvenil Altamar de Vigo, e durante toda esta semana levaron a cabo un percorrido polos oito tramos galegos a pé do Camiño de Santiago Portugués pola Costa ata Compostela. Tamén participaron en diversas actividades orientadas a coñecer aspectos da historia xacobea e o patrimonio cultural vencellado á zona da contorna. 

Para moitos deles e delas supuxo a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.
 
433 lecturas