Os mozos e mozas do Conecta con Galicia visitan o Polo Aeroespacial de Galicia en Rozas (Castro de Rei - Lugo) para achegarse ao mundo da innovación galega

  • Imaxe da visita ao Polo Aeroespacial de Galicia (en Rozas, Castro de Rei - Lugo)
    Imaxe da visita ao Polo Aeroespacial de Galicia (en Rozas, Castro de Rei - Lugo)

Listen to this page using ReadSpeaker
Castro de Rei (Lugo), 28 de xullo de 2023.

As e os preto de 30 mozos e mozas galegas do exterior que chegaron a pasada semana para participar no programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración visitaron nas últimas horas o Polo Aeroespacial de Galicia de Rozas (en Castro de Rei, Lugo) para achegarse ao mundo da innovación e a realidade empresarial galega.

Este programa, realizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Volutariado ao longo de dúas quendas e que se desenvolve no albergue de Gandarío, permite que persoas nadas en Galicia ou descendentes de emigrantes galegas e galegos de 16 e 17 anos volvan ter contacto coa realidade galega e o encontro coas e cos seus familiares, supoñendo para moitas e moitos deles a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

375 lecturas