Miranda apoia aos galegos e galegas que impulsan a reactivación do Centro Gallego O Noso Lar da República Dominicana

Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE na capital de Galicia
Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu aos representantes do Centro Gallego O Noso Lar da República Dominicana, Eduardo Pahíno e Leandro Tales, que lle trasladaron o obxectivo desta entidade de reactivar os seus proxectos futuros, poñendo en marcha novas iniciativas e actividades. 

Durante a reunión, Miranda trasladoulles o seu compromiso de visitar este centro despois do verán e apoialo na súa potenciación como entidade de cara a conseguir unha atención máis intensa ás galegas e galegos asentados nesta illa do Caribe e promocionar a cultura de Galicia. Na República Dominicana residen actualmente 2.766 cidadás e cidadáns galegos. 

289 lecturas