Chegan a Galicia os mozos e mozas do exterior que participan na segunda quenda do programa Conecta con Galicia de Emigración

Este programa, que se realiza en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, desenvolverase no albergue de Gandarío ata o próximo 11 de agosto e ten como obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual. 

A trintena de rapazas e rapaces que participaron na primeira quenda desta iniciativa remataron onte tras visitar, nos últimos días, diversas empresas galegas e lugares de interese turístico das catro provincias.

  • Imaxe da chegada a Santiago de Compostela das e dos mozos participantes na 2ª quenda do Conecta con Galicia 2023
    Imaxe da chegada a Santiago de Compostela das e dos mozos participantes na 2ª quenda do Conecta con Galicia 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2023.

Responsables da Secretaría Xeral da Emigración recibiron esta mañá no aeroporto de Santiago de Compostela-Rosalía de Castro ás e aos participantes na segunda quenda do programa Conecta con Galicia que, nesta ocasión, proceden de Arxentina, Brasil, Suíza e Venezuela. 

Este programa, realizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, permite que persoas nadas en Galicia ou descendentes de emigrantes galegas e galegos de 16 e 17 anos volvan ter contacto coa realidade galega e o encontro coas e cos seus familiares, supoñendo para moitas e moitos deles a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

Como xa ocorreu coa primeira treintena de participantes que remataron onte a súa estadía en Galicia, as e os rapaces que hoxe chegaron ao aeroporto de Santiago trasladaranse ata o Albergue Xuvenil de Gandarío, onde desenvolverán diferentes actividades lúdicas e deportivas ata o 11 de agosto.  Tamén, como xa fixeron os mozos e mozas da quenda anterior, participarán en visitas culturais e tamén poderán coñecer empresas punteiras situadas en diversos lugares de Galicia. 

356 lecturas