Conferencias, foliadas e xuntanzas centraron as celebracións das entidades galegas no Uruguai polo Día de Galicia

  • Imaxe da celebración do Día de Galicia en Montevideo
    Imaxe da celebración do Día de Galicia en Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 29 de xullo de 2023.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos diferentes actos celebrados polo Día de Galicia en varias das entidades de Montevideo, como o Patronato da Cultura Galega, Alma Gallega ou o Centro Gallego de Montevideo. Conferencias, foliadas e xuntanzas centraron as iniciativas coas que os galegos e galegas deste país do Cono Sur desfrutaron da xornada grande de Galicia. 

Elvira Domínguez estivo, o día 25 de xullo,  acompañada nestes actos pola cónsul xeral de España, María Victoria Scola Pliego, e polos presidentes e presidentas das diferentes entidades. A Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago celebrou unha misa na honra do apóstolo Santiago na que se cantou o himno ao apóstolo por primeira vez en 25 anos e soaron as gaitas galegas. Ao remate da mesma organizouse unha foliada. O Centro Gallego de Montevideo celebrou no Salón Valle Inclán a actuación do grupo Treboada. Finalmente, o Patronato da Cultura Galega ofreceu unha conferencia a cargo do historiador Carlos Sixirei Paredes. 

187 lecturas