Novas
Buscador
- A Xunta destaca en Vigo que as axudas ao retorno emprendedor se poden solicitar ata o 30 de setembro para promover novas saídas laborais en Galicia 25.09.2025 audio O secretario xeral da Emigración visitou na cidade olívica a floraría La Boheme, posta en marcha por unha emprendedora retornada desde Francia coa axuda da Xunta. Antonio Rodríguez Miranda lembrou que “as persoas retornadas poden recibir ata 10.000 euros de apoio para iniciar o seu negocio” e engadiu que, desde a súa activación en 2018, apoiáronse... Máis información
- A Xunta reforza os lazos coas empresas galegas asentadas en Florida e destaca o seu papel como embaixadoras do espírito emprendedor galego 25.09.2025 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou nun encontro coa colectividade residente en Miami. José González iniciou a súa primeira visita institucional ao país norteamericano cun encontro con representantes da comunidade galega asentada en Miami para reforzar vínculos e difundir as oportunidades de retorno. Destacou o papel... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración súmase ao homenaxe do Celta á emigración galega co himno “Voltarei” no seu regreso a Europa 25.09.2025 audio O Real Club Celta de Vigo inicia hoxe a súa andaina europea tras varios anos de ausencia, e faino cunha lembranza moi especial á emigración galega a través do vídeo oficial da campaña “Voltarei”. Trátase dun himno que conecta a paixón polo celtismo coa memoria de milleiros de galegos que nos anos 50 e 60 tiveron que marchar a países como Suíza ou... Máis información
- Miranda: “A colaboración coa colectividade galega en Chile é fundamental para transmitir a nosa cultura ás novas xeracións” 24.09.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe no seu despacho ao vicepresidente do Lar Galego de Chile, Arturo Vasques, co obxectivo de reforzar a colaboración coa entidade e coñecer de primeira man as necesidades e proxectos da colectividade galega residente neste país latinoamericano. Miranda destacou a traxectoria... Máis información
- Como conseguir as invitacións con acceso gratuíto para os concertos de Baiuca e Luz Casal en Bos Aires 24.09.2025 audio INVITACIÓNS para BAIUCA. Online: No seguinte enlace: AQUÍ. En persoa en: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires. Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo. Son gratuítas. INVITACIÓNS para LUZ CASAL. So en persoa: Na billeteira do Centro Cultural Palacio Libertad. O domingo 12 de outubro a partir das 17:00 horas. 2 INVITACIÓNS... Máis información
- Miranda subliña en Padrón que as axudas extraordinarias ao retorno que se poden solicitar ata o 30 de setembro permiten ás familias galegas “Comezar unha nova vida en Galicia” 23.09.2025 audio O secretario xeral da Emigración visitou en Padrón a Lorena García Zaragoza, quen regresou dende Arxentina co seu marido, dous fillos, un sobriño e o seu pai grazas ás axudas extraordinarias. A convocatoria de 2025 leva xa 1.166 solicitudes presentadas. Miranda destaca o papel fundamental no acompañamento ás familias retornadas que desenvolven as... Máis información
- Miranda: “O labor conxunto das familias e dos centros galegos no exterior, co apoio da Xunta, fai posible que as novas xeracións manteñan o vínculo e fagan posible o éxito do retorno a Galicia” 22.09.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con Francisco Solla, referente da colectividade galega en Mar del Plata e expresidente do Centro Galego con una participación moi activa coa diáspora galega. Durante a reunión, Solla estivo acompañado polas súas netas, participantes dos programas de retorno da Xunta... Máis información
- A Xunta impulsará a próxima semana en Estados Unidos os lazos coa comunidade galega deste país e as medidas de apoio ao retorno 21.09.2025 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitará Miami o vindeiro 24 de setembro, onde se reunirá con persoas da colectividade galega e de empresas galegas radicadas en EEUU. O 26 e 27 de setembro continuará a axenda en Newark e Nova York con distintas visitas e xuntanzas con entidades da diáspora galega presentes nestas... Máis información
- Miranda: “A Casa de Galicia de Nova York leva oito décadas e media sendo unha ponte entre Galicia e os seus emigrantes” 19.09.2025 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co presidente da Casa de Galicia de Nova York, no marco da preparación dos actos de conmemoración do 85 aniversario desta histórica entidade da diáspora galega, que se celebrarán o vindeiro mes de outubro. Durante a reunión, analizáronse as actividades previstas con... Máis información
- Rueda reivindica en Oviedo a irmandade histórica entre Galicia e Asturias e aposta pola cooperación fronte aos desafíos presentes e futuros 14.09.2025 audio O presidente do Goberno galego asiste á celebración do Día de Galicia en Asturias. Destaca a importancia do Camiño Primitivo como un dos principais símbolos de unión entre ambos territorios, con máis de 21.000 peregrinos no que levamos de ano, un 12% máis que o ano anterior. Apela a sumar esforzos en áreas como a defensa do mar e da pesca, o... Máis información
Páxinas |









