Miranda: “A cultura galega segue viva en Barcelona grazas ao compromiso de agrupacións como Toxos e Xestas das Casas de Galicia en Barcelona e provincia”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo en un encontro de traballo cos responsables da Agrupación Cultural Amigos da Gaita "Toxos e Xestas" pertencentes a Entidade Casas de Galicia de Barcelona e Provincia, co obxectivo de profundizar na labor que esta histórica entidade vén desenvolvendo desde Cataluña na preservación da música tradicional galega. Durante a reunión, Miranda puxo en valor o compromiso deste colectivo, que leva décadas contribuíndo á difusión da nosa identidade cultural entre a numerosa comunidade galega residente en Barcelona e área metropolitana.
O secretario xeral destacou tamén o papel esencial que desempeñan as agrupacións das entidades galegas en Cataluña na transmisión interxeracional da gaita, do baile e do folklore, asegurando a continuidade das tradicións galegas fóra da nosa terra.
Ademais, trasladou o apoio da Xunta de Galicia a todas aquelas iniciativas que reforcen a presenza cultural galega en Cataluña e fomenten a participación da mocidade na vida asociativa, elemento clave para manter viva a galeguidade.
Novas relacionadas




