Miranda destaca en Salvador de Bahía o valor histórico do Galicia Esporte Clube como emblema da emigración e da cultura galega en Brasil

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo en valor o legado deportivo e cultural do Galicia Esporte Clube, fundado por emigrantes galegos hai máis de 90 anos, e o seu papel como símbolo da galeguidade en Brasil.

  • Miranda destaca en Salvador de Bahía o valor histórico do Galicia Esporte Clube como emblema da emigración e da cultura galega en Brasil.
    Miranda destaca en Salvador de Bahía o valor histórico do Galicia Esporte Clube como emblema da emigración e da cultura galega en Brasil.

Listen to this page using ReadSpeaker
Salvador de Bahía (Brasil), 9 de novembro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou as instalacións do Galicia Esporte Clube de Salvador de Bahía, onde foi recibido polo seu presidente, José Manuel Muíños Cabalar. Durante o encontro, Miranda destacou o profundo vínculo histórico desta entidade coa colectividade galega e a súa contribución ao fortalecemento da cultura de Galicia no Brasil, país que acolle unha das comunidades galegas máis numerosas de América Latina.

O responsable autonómico salientou que “o Galicia Esporte Clube é moito máis ca un clube deportivo: é un símbolo da nosa emigración e un espazo onde, dende hai case un século, se manteñen vivas a amizade, o orgullo e as raíces galegas”. Así mesmo, agradeceu a labor da súa directiva e socios, que continúan a promover a cultura galega entre as novas xeracións, moitas delas descendentes de galegos nados xa no Brasil.

Fundado o 1 de xaneiro de 1933 por emigrantes galegos, o Galicia Esporte Clube é un dos clubes máis tradicionais de Salvador e o primeiro tricampión baiano de fútbol. Hoxe segue a ser un referente para a comunidade galega no país, tanto no eido deportivo como cultural, e mantén unha estreita colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración para difundir os valores e a identidade de Galicia entre a mocidade.

417 lecturas