Miranda: “A Hermandad Gallega de Venezuela é un piar esencial para acompañar e apoiar ás nosas familias no país”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe en Santiago unha reunión co presidente, Jesús Alberto Bello Couselo e o secretario da Hermandad Gallega de Venezuela, Marco Antonio Marcos, para analizar a situación actual da colectividade galega no país e fortalecer as liñas de colaboración entre ambas institucións.
Miranda trasladou á directiva o compromiso da Xunta de Galicia de seguir apoiando o labor que a Hermandad desenvolve en favor das familias galegas en Venezuela, especialmente no ámbito social e asistencial, así como na difusión dos programas da Estratexia Galicia Retorna para aqueles galegos que desexen regresar. Ambas partes acordaron manter unha canle permanente de diálogo co obxectivo de impulsar novos proxectos que respondan ás necesidades reais dunha das colectividades galegas máis numerosas e activas de América.
Novas relacionadas




