Miranda agradece a Cabaleiros de Santiago o seu compromiso coa colectividade e a cultura galega en Salvador de Bahía

Listen to this page using ReadSpeaker
Salvador de Bahía (Brasil), 10 de novembro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladou o seu agradecemento á agrupación cultural Cabaleiros de Santiago polo seu apoio e participación en todos os actos celebrados durante a súa visita a Salvador de Bahía, recoñecendo a labor constante desta entidade na promoción da cultura galega e na conservación das tradicións entre a colectividade asentada no Brasil. Miranda destacou que “o traballo desinteresado e o entusiasmo dos Cabaleiros de Santiago son un exemplo do mellor espírito da nosa emigración: unión, identidade e orgullo de pertenza a Galicia”.

O secretario xeral lembrou tamén que un dos seus representantes forma parte da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, o que reforza o papel desta entidade como voz activa e comprometida da colectividade galega en América.

402 lecturas