A Xunta destaca en Santander o valor dos centros galegos das distintas comunidades autónomas como pontes de unión e diversidade cultural
A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, participou hoxe en Cantabria no primeiro Festival de Casas Rexionais de España, organizado en colaboración con diferentes entidades, entre as que está o Centro Galego de Santander.
A Xunta destaca en Santander o valor dos centros galegos das distintas comunidades autónomas como pontes de unión e diversidade cultural.
A Xunta destaca en Santander o valor dos centros galegos das distintas comunidades autónomas como pontes de unión e diversidade cultural.
A Xunta destaca en Santander o valor dos centros galegos das distintas comunidades autónomas como pontes de unión e diversidade cultural.
A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, participou hoxe en Cantabria no primeiro Festival de Casas Rexionais de España, organizado en colaboración con diferentes entidades -entre as que se encontra o Centro Galego de Santander- e que reuniu a representantes e agrupacións culturais de distintas comunidades autónomas.
Vázquez Domínguez salientou “o papel esencial dos centros galegos das distintas autonomías como espazos de encontro, integración e respecto mutuo, que manteñen vivas as tradicións e fortalecen os lazos entre territorios”. Subliñou tamén a importancia de apoiar estas entidades “porque representan o mellor da nosa diversidade cultural e son exemplo de cooperación entre comunidades”.
O festival, organizado polo Goberno de Cantabria en colaboración co Centro Galego de Santander, o Centro Castellano Leonés, a Casa de Cantabria en Ávila e o Hogar Navarro en Cantabria, contou coas actuacións de Tierra de Castilla Folk, do grupo galego Airiños da Terra e do Grupo Municipal de Danzas de Tudela.
Novas relacionadas



