A Xunta destaca o labor histórico da Asociación Cultural As Xeitosiñas como entidade referente da preservación e difusión da galeguidade en Suíza
O conselleiro participou en Zurich na Festa do Emigrante organizada pola Asociación Cultural As Xeitosiñas.
José González puxo de manifesto os fortes lazos entre Galicia e o país helvético, no que actualmente residen máis de 41.000 galegas e galegos e que conta con 13 centros galegos recoñecidos no Rexistro da Galeguidade, entre eles o de As Xeitosiñas.
Destacou o traballo desta asociación fundada en 1981 como exemplo de constancia e compromiso coa comunidade do exterior e coa preservación da cultura e das tradicións propias.
A entidade conta ademais cun grupo de gaita e baile formado por arredor de 50 integrantes e organiza numerosas actividades sociais e culturais ao longo do ano, entre elas o Entroido ou o Día das Letras Galegas.
Reiterou o compromiso da Xunta de apoiar a comunidade no exterior, así como de ofrecer oportunidades a quen desexe retornar, tal e como se reflicte nos orzamentos do vindeiro ano 2026.
Entre eles, destacan programas como o Retorna Cualifica Emprego (1,8 M€), as axudas extraordinarias ao retorno, que incrementan a súa dotación nun 20% (2,8 M€), as axudas ao autoemprego, que aumentan ata 1,2 M€ e as bolsas Beme (2,5 M€).
A Xunta destaca o labor histórico da Asociación Cultural As Xeitosiñas como entidade referente da preservación e difusión da galeguidade en Suíza.
A Xunta destaca o labor histórico da Asociación Cultural As Xeitosiñas como entidade referente da preservación e difusión da galeguidade en Suíza.
A Xunta destaca o labor histórico da Asociación Cultural As Xeitosiñas como entidade referente da preservación e difusión da galeguidade en Suíza.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou esta tarde na Festa do Emigrante organizada pola Asociación Cultural As Xeitosiñas de Zurich, un encontro que reuniu na capital suíza a máis de 300 persoas da colectividade galega residente no país helvético.
Na súa intervención, o conselleiro destacou o labor desenvolvido polas Xeitosiñas -fundada en 1981- como exemplo de constancia e compromiso coa comunidade galega en Suíza e coa preservación da cultura e das tradicións propias. A entidade conta cun grupo de gaita e baile formado por arredor de 50 integrantes e organiza numerosas actividades sociais e culturais ao longo do ano, entre elas o Entroido ou o Día das Letras Galegas. José González subliñou que, ao longo de máis de catro décadas, a asociación conseguiu consolidar un espazo de encontro, transmisión de valores e orgullo galego para centos de familias, e que celebracións como a de hoxe son mostra de que estes vencellos seguen plenamente vivos.
Así mesmo, puxo de manifesto os fortes lazos entre Galicia e Suíza, país no que actualmente residen máis de 41.000 galegas e galegos e que conta con 13 centros galegos recoñecidos no Rexistro da Galeguidade, entre eles o de As Xeitosiñas. Nesa liña, puxo en valor a importante contribución da diáspora galega ao desenvolvemento económico e social de Galicia e reiterou o compromiso da Xunta de apoiar a comunidade no exterior, así como de ofrecer oportunidades a quen desexe retornar.
Compromiso cos galegos do exterior.
O conselleiro subliñou que Galicia é hoxe unha terra chea de oportunidades, preparada para recibir a experiencia e o talento das persoas que queiran regresar. Para iso, lembrou que a Xunta continúa impulsando a Estratexia Galicia Retorna 2023–2026, dotada con 450 millóns de euros co obxectivo de facilitar o regreso de ata 30.000 galegos e descendentes.
Mostra da implicación da Xunta coa comunidade galega son os orzamentos para 2026, que volven reforzar as axudas ao labor e ás iniciativas culturais das entidades galegas do exterior, así como os programas para favorecer o retorno. Entre eles, destacan programas como o Retorna Cualifica Emprego (1,8 M€), as axudas extraordinarias ao retorno, que incrementan a súa dotación nun 20% (2,8 M€), as axudas ao autoemprego e emprendemento para persoas retornadas, que aumentan ata 1,2 M€ e as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), dotadas con 2,5 M€ destinadas a atraer e fixar talento cualificado en Galicia.
Novas relacionadas



