Rueda destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega no exterior con medidas pioneiras a nivel estatal para facilitar o retorno

O titular do Executivo autonómico presidiu á reunión da XIII Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

Salienta que desde a posta en marcha no 2018 da Estratexia Galicia Retorna e con datos ata o 2023 —últimos dispoñibles— promoveuse o regreso de máis de 36.500 galegos residentes no exterior.

Resalta que a Xunta reforza e amplía as políticas de retorno nos orzamentos de 2026 con novas medidas coma axudas para rehabilitar vivendas.

Sinala o Xacobeo 2027 como “unha gran oportunidade para falar de Galicia no mundo”.

Agradece o labor diario das entidades que promoven a cultura e tradicións galegas no exterior e asegura que son un bo exemplo do que significa Galicia Calidade.

  • Rueda destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega no exterior con medidas pioneiras a nivel estatal para facilitar o retorno
    Rueda destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega no exterior con medidas pioneiras a nivel estatal para facilitar o retorno
  • Rueda destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega no exterior con medidas pioneiras a nivel estatal para facilitar o retorno
    Rueda destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega no exterior con medidas pioneiras a nivel estatal para facilitar o retorno
  • Rueda destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega no exterior con medidas pioneiras a nivel estatal para facilitar o retorno
    Rueda destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega no exterior con medidas pioneiras a nivel estatal para facilitar o retorno
  • Rueda destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega no exterior con medidas pioneiras a nivel estatal para facilitar o retorno
    Rueda destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega no exterior con medidas pioneiras a nivel estatal para facilitar o retorno
  • Rueda destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega no exterior con medidas pioneiras a nivel estatal para facilitar o retorno
    Rueda destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega no exterior con medidas pioneiras a nivel estatal para facilitar o retorno
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 14 de novembro de 2025.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o compromiso do Executivo autonómico coa comunidade galega no exterior con políticas pioneiras en España que están a facilitar o regreso de milleiros de “galegos que están noutras partes do mundo e queren vivir e traballar aquí”.

Durante a súa intervención na reunión da XIII Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, acompañado polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, Rueda resaltou que o retorno dos galegos do exterior é un dereito, pero tamén unha oportunidade para a comunidade, tanto para afrontar o reto demográfico como para mellorar a competitividade galega.

Nesta liña, o presidente salientou a Estratexia Galicia Retorna que entre 2018 e 2022 facilitou o regreso de máis de 28.000 galegos do exterior e que nunha segunda etapa busca acadar o retorno doutros 30.000 ata 2026. Só no primeiro ano desta nova edición, 2023, acadouse a cifra récord de 8.500 retornos.

Esta Estratexia inclúe axudas para afrontar os primeiros gastos de instalarse en Galicia que chegan a 1.100 familias cada ano; asesoramento para quen decide emprender na comunidade -con 900 proxectos apoiados ata o momento, o 85% no rural-, o programa Retorna Cualifica Emprego que xa leva facilitado preto de 400 contratos a profesionais do exterior para cubrir vacantes ou bolsas para estudar un máster ou un ciclo de FP en Galicia.

Os orzamentos de 2026 manteñen e reforzan estas axudas, con novidades como 1,5 M€ para rehabilitar vivendas e poñelas a disposición de traballadores que participen nos programas galegos de atracción de talento, tamén os retornados, ou a nova Oficina de Atracción de Talento, que canalizará as medidas vinculadas co emprego dirixidas en primeiro termo aos galegos do exterior. “O tema da vivenda, que é un problema en todas partes, témolo que coidar especialmente así como o da empregabilidade”, indicou.

Xacobeo 2027

Outro dos aspectos que sinalou o presidente da Xunta como claves para amosar a comunidade no exterior é o Xacobeo 27 “xa que representa unha gran oportunidade para falar de Galicia no mundo e para expandirnos un pouco máis dende o punto de vista cultural, de identidade e coñecemento”.

Neste sentido lembrou que este 2025 volveu bater récords de peregrinos, cuns 500.000 que recolleron a súa Compostela, “pero calculamos que son moitos máis e cada vez de máis partes do mundo”.

Apoio ás entidades galegas no exterior

Por outra parte, o presidente da Xunta agradeceu o traballo diario que realizan as entidades galegas espalladas por todo o mundo, cualificándoas como “fundamentais” para poder levar todos os proxectos da Xunta ás comunidades galegas no exterior, e un bo exemplo do que significa a Galicia Calidade que identifica e singulariza a esta terra. Por ese motivo, o Goberno autonómico ofrece achegas para modernizar as instalacións ou promover actividades que impulsen a cultura e tradicións galegas.

Ademais, Galicia conta con programas para achegar aos galegos do exterior a Galicia, como, por exemplo, voluntariados, rutas do Camiño de Santiago ou reencontros para maiores de 65 anos.

447 lecturas