O Lar Gallego de Sevilla continúa coa difusión do Xacobeo publicando un vídeo resumo do acto de iluminación da Praza de España con motivos do Camiño de Santiago

O vídeo-mapping promocional do Xacobeo proxectouse en Sevilla do venres 4 ao domingo 6 de marzo
O vídeo-mapping promocional do Xacobeo proxectouse en Sevilla do venres 4 ao domingo 6 de marzo
Vídeo da presentación da pasada fin de semana
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2022.

O Lar Gallego de Sevilla vén de publicar un vídeo resumo do acto de promoción do Xacobeo 21-22 que tivo lugar a pasada fin de semana e que supuxo a iluminación da fachada do Cuartel General da Forza Terrestre situado na Praza de España da capital andaluza. 

O acto, organizado polo Lar Gallego e a Capitanía General do Exército de Terra, contou coa presenza do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, do tenente xeral xefe da Forza Terrestre, José Rodríguez García, do delegado do Goberno da Junta de Andalucía, Ricardo Sánchez, e do propio presidente do centro galego, José Antonio Otero, e, durante o mesmo, a unidade de música do Cuartel General, acompañada do director do Grupo de Gaitas do Lar Gallego, interpretaron xuntos a marcha de Santiago e unha muiñeira en honor ao Xacobeo.

167 lecturas