Emigración retoma a colaboración coa Asociación Palmira Bulebar do Milladoiro para apoiar ás e aos galegos retornados emprendedores
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2022.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión co presidente da Asociación Palmira Bulebar do Milladoiro (Ames), José Manuel Fernández Gómez.
Deste xeito mantense a colaboración entre ambas entidades que xa deu o pasado ano os seus froitos, con varios locais que se viron revitalizados nesta área de O Milladoiro, grazas á posta en marcha de negocios por parte de galegas e galegos retornados que apostaron por Galicia para investir e emprender.
Novas relacionadas




