Emigración recorda ás e aos galegos do exterior que segue aberta a nova convocatoria das Bolsas de Excelencia Mocidade (BEME) a través dun webinario informativo

Antonio Rodríguez Miranda, durante a sesión informativa
Antonio Rodríguez Miranda, durante a sesión informativa
Vídeo íntegro do webinario BEME
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, informou nas últimas horas aos galegos e galegas do exterior sobre a nova convocatoria das Bolsas de Excelencia Mocidade - BEME a través dun webinario informativo no que participaron máis de 150 interesadas e interesados, xunto á subdirectora de Retorno, Begoña Solís.

Deste xeito, Miranda recordou que a Xunta de Galicia ampliou o número de prazas para estas bolsas ata 250, e que teñen como obxectivo ofrecer a posibilidade aos galegos e galegas do exterior de ata 39 anos de retornar a Galicia para cursar un máster nunha das tres universidades galegas a través dun apoio económico de ata 11.475 euros. O prazo de solicitude das bolsas remata o 29 de abril, e as e os interesados poden ter máis información nesta ligazón.

399 lecturas