Miranda recibe ao representante das e dos empresarios galegos en Portugal para seguir avanzando en liñas de colaboración

Miranda e Guisado, durante a reunión celebrada na sede da SXE en Santiago de Compostela
Miranda e Guisado, durante a reunión celebrada na sede da SXE en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta semana en Santiago de Compostela ao presidente da Asociación de Empresarios Galegos en Portugal, Francisco Guisado, con quen continuou a analizar as liñas de colaboración que xa se comezaron a perfilar durante a reunión que ambos mantiveron en Lisboa o pasado mes de febreiro.

Sobre a mesa tamén se debateron cuestións como a actual situación internacional e os seus efectos sobre a economía, así como as problemáticas ás que se están a enfrontar as empresarias e empresarios galegos afincados en Portugal. Esta reunión enmárcase dentro dos contactos habituais de colaboración da Secretaría Xeral coas asociacións de empresarias e empresarios do exterior.

350 lecturas