Emigración completa o portal en GaliciaAberta sobre información tributaria para residentes no exterior cos países de América

O espazo permitirá agora coñecer ás e aos residentes en 22 países de Europa e América, así como ás e aos retornados a Galicia cuestións relativas as rendas, aos estados de tributación, as pensións así como aos impostos de sucesións, de rendas de non residentes e de patrimonio e bens no estranxeiro. 

Esta iniciativa ten carácter meramente informativo.

Neste espazo pode encontrase información sobre 22 países de Europa e América
Neste espazo pode encontrase información sobre 22 países de Europa e América
Vídeo de presentación
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presenta o portal completo que este departamento autonómico puxo en funcionamento o ano pasado na súa web GaliciaAberta e no que as e os residentes no exterior e retornadas e retornados poden consultar información tributaria relativa aos seus países de residencia en relación con España. A partir de hoxe, o portal complétase coa información sobre a fiscalidade das once nacións americanas onde radican os colectivos galegos máis numerosos.

A Secretaría Xeral da Emigración ofrece, a través deste portal, unha serie de informacións básicas para aclarar, nunha primeira aproximación, as cuestións básicas vinculadas á tributación das rendas obtidas por persoas físicas que teñan a condición de galegas e galegos retornados ou de galegos e galegas no exterior.

Ademais, tamén, a través de varias ligazóns orientarase de xeito sinxelo e visual sobre as regras xerais existentes en relación aos principais criterios previstos para cada tipo de renda segundo os países, centrándoos nas persoas físicas.

Este departamento autonómico actúa cun papel meramente informativo co fin de que as e os galegos  do exterior e os retornados e retornadas poidan cumprir coas medidas tributarias do país no que residen e tamén coas de España. Para máis información será necesario dirixirse á Axencia Tributaria do Estado e ás e aos seus técnicos competentes.

Máis información nesta ligazón.

586 lecturas